Museos

Autoría textos: Aurelia Balseiro García

 

BARCO-MUSEO BONITEIRO "REINA DEL CARMEN"

A definición de museo establecida pola Lei 5/2016 do 4 de maio do Patrimono Cultural de Galicia (título VIII art.111) constata que "os museos son institucións sen ánimo de lucro, orientadas á promoción e desenvolvemento cultural da comunidade en xeral, por medio da recollida, adquisición, inventario, catalogación, conservación, investigación, difusión e exhibición, de forma científica, estética e didáctica, de conxuntos e coleccións de bens patrimoniais de carácter cultural que constitúen testemuñas das actividades do ser humano ou do seu ámbito natural, con fins de estudo, educación, disfrute e promoción científica e cultural".

O Barco-museo boniteiro forma parte do Sistema Galego de Museos xunto co resto de museos e coleccións visitables, de diversas titularidades e tipoloxías, situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, autorizados pola Consellería de Cultura e inscritos no Censo de Museos e Coleccións.

Está xestionado polo concello de Burela que no ano 2000  comprou este antigo barco boniteiro para convertilo nun espazo museístico co obxectivo de promocionar a cultura marítima apoiando tamén a historia da pesca local e, en concreto, a relacionada co bonito. Así mesmo, conciencia sobre a protección dos recursos naturais e a educación ambiental.

Máis información