Vídeos
Burela Bonita (Spot)
Spot de lanzamento de #BurelaBonita, campaña de Turismo do Concello de Burela (Lugo).
Burela - Entre Arcos e Cantís
Un filme de César Domínguez Castro. Banda Sonora Orixinal por Gabriel Prada.
Festa Castrexa
Vídeo promo da FESTA CASTREXA 2015 coa presentación de imaxes das 3 edicións anteriores: 2012: A Guerra dos Clans // 2013: A Busca do Torques de Ouro // 2014: O Feitizo da Lúa Crecente // 2015: O Laberinto do Castro Burela (Lugo).
Escamas, Sangue!
Producido e Dirixido por Adrián Canoura e Breixo Llano. Documental que narra a historia acontecida fai agora vinte anos, coñecida popularmente como a Guerra do Bonito. Conflicto pesqueiro derivado do emprego de volantas e arte ilegal de grandes dimensións por parte dos boniteiros franceses que afectaba directamente aos compañeiros galegos que faenaban de forma artesá e tradicional. Narra as testemuñas dos mariñeiros burelaos que participaron dunha maneira ou outra en dito acontecemento.
Ben Falado! (TVG)
'Ben falado!' é un micro-espacio de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, que se emite na TVG. Está dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal.
Burela entrada al puerto temporal
Videos de temporales en Burela. Entrada al puerto de varios barcos.
As Memorias do Mar de Burela (Arracada Produccións)
A Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo crea a campaña divulgativa MAR DE LUGO co obxectivo de divulgar a actividade dos nosos pescadores e mariscadores para dar a coñecer o sector pesqueiro de Lugo, as súas tradicións, os métodos de traballo e as artes de pesca máis empregadas, así como os peixes máis característicos da zona. O proxecto audiovisual as MEMORIAS do MAR de LUGO consiste na realización de seis documentais en formato DVD sobre os recordos e as vivenzas das xentes do mar de cada unha das seis confrarías de pescadores da provincia: Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Ciprián e O Vicedo.
La Guerra del Bonito, 20 años después (Arracada Produccións)
La Cofradía de Pescadores de Burela conmemora con este vídeo documental el vigésimo aniversario de la conocida como "Guerra del Bonito", que enfrentó en el verano de 1994 a las flotas boniteras española y francesa. El audiovisual, realizado por Arracada Produccións y dirigido por el periodista Carlos Portas, recorre la costa cantábrica española y francesa dos décadas después para rememorar el suceso con los que fueron sus principales protagonistas.
Las Cofradías Y Su Labor (Arracada Produccións)