Sabores: Gastronomía
DA LONXA. Dispoñer dunha das lonxas pesqueiras con maior actividade permite á gastronomía local ofrecer gran variedade de peixes e mariscos.
BONITO DO NORTE. Ademais da Feira do Bonito, este túnido é o protagonista imprescindible das nosas mesas durante os meses de verán.
PESCADA DO PINCHO. Produto de máxima calidade, san e recomendable, pescado con anzol de forma totalmente sostible. Do porto de Burela sae gran parte da que se pesca en Galicia.
FESTAS GASTRONÓMICAS. A hostalería local ofrece numerosas festas gastronómicas durante o ano: tapas, bonito, pescada, polbo, mariscos...