Visitas guiadas

Nos meses de verán Burela ofrece varias rutas e visitas guiadas para coñecer o seu patrimonio de preto.

É posible adentrarse nos oficios artesanais ligados ao mar e ao funcionamento do noso porto a través das visitas á Moncloa (asociación de mariñeiros xubilados), a unha conserveira artesanal ou á lonxa ABSA, onde se pode asistir a unha poxa do peixe. Non debemos esquecer as visitas a unha das nosas xoias: o Barco Museo Boniteiro ‘Reina del Carmen’, un pesqueiro tradicional do Cantábrico reconvertido en museo etnográfico que fica amarrado no peirao.

A paisaxe singular de Burela e a súa natureza non quedan esquecidas. As rutas xeolóxicas, as rutas rutas ornitolóxicas, os paseos guiados pola Vila do Medio e as visitas ao Molde do Faro, completan esta oferta que podes descubrir con máis detalle a continuación:


 

 

BARCO MUSEO BONITEIRO ‘REINA DEL CARMEN’

Coñecerás a vida e tarefas diarias dunha tripulación en altamar, as artes de pesca que se empregan nos portos do Cantábrico e as tecnoloxías dun barco do ano 1967.

 

 
 

A MONCLOA

- Visita gratuíta

- Aberto todo o ano de luns a venres de 10:00h a 12:00h.

- Dirección: Rúa do Porto, 1, Burela (fronte á Oficina de Información Turística)

Descubrirás A Nosa Memoria colectiva vinculada ao mar a través da sabedoría de experimentados mariñeiros.

A Moncloa é unha asociación de mariñeiros xubilados fundada no ano 2008 que ofrece visitas guiadas gratuítas dentro do seu local.

Fai unha viaxe no tempo a través de anécdotas, historias e explicacións relacionadas. Empápate de toda a súa sabedoría que atesoura a nosa memoria colectiva, a dun pobo tan vinculado ao mar como é o de Burela.

 

 

CONSERVEIRA ARTESANAL

  • Visita gratuíta

  • Meses de xullo e agosto de 16:00h a 19:00h

  • Necesaria reserva previa na oficina de turismo

  • Duración aproximada da visita: 15 minutos

Aprenderás sobre o proceso de elaboración do noso produto gastronómico local con máis tradición, o Bonito de Burela en aceite de oliva.

Este verán tedes a oportunidade de coñecer o seu proceso de elaboración, etiquetaxe e elementos necesarios da man de Berónica Rodil, propietaria de Conservas Faro de Burela.

 

Conservas Faro de Burela

 

LONXA ABSA

Asiste á poxa do peixe dentro da lonxa ABSA guiada por Rutas Galicia Norte. Nestas visitas poderanse ver as especies comercializadas na rula da tarde e comprender o funcionamento do mercado do peixe.

  • Meses de xullo e agosto durante a poxa da tarde
  • Necesaria reserva previa en rutadopeixe.burela.org
  • Non se permite a entrada ao edificio sen inscripción previa.
  • Máximo 30 persoas por día.
  • Duración aproximada da visita: 1 hora
  • Tarifas: 8€/adultos. 5€ menores de 12 a 17 anos. Menores de 12 anos gratis.

 

 

Punto de encontro: Salón de actos no 1º andar da nave da lonxa (entrando pola porta principal e subindo as escaleiras).

 

XEORUTAS

Explora a historia da terra nunha viaxe polas formacións rochosas do noso litoral.

A través de tres percorridos guiados diferentes poderás descubrir caprichos xeolóxicos como arcos, cavernas, unha "igrexa" creada pola natureza, illotes que parecen desafiar á gravidade ou uns interesantísimos pregues de máis de 300 millóns de anos.

  • Meses de xullo, agosto e setembro e Semana Santa.
  • Necesaria reserva previa en turismo.burela.org/rutas-xeoloxicas
  • Actividade gratuíta

 

 

VILA DO MEDIO

A ruta ‘Máis alá do mar’ lévanos a explorar un dos barrios históricos de Burela: a Vila do Medio. Aquí aínda se poden observar elementos que nos levan a un pasado non moi lonxano que nos fai comprender a rápida evolución que vivíu Burela a finais do século XX.

O paseo, de pouco máis dun quilómetro, remata na igrexa da Vila do Medio, que conserva pinturas de finais do século XV.

Estas rutas son gratuítas e fanse todos os xoves ás 10:30h. É necesaria a reserva previa

 

RUTAS ORNITOLÓXICAS

As rutas ornitolóxicas son roteiros guiados e interpretados para iniciarse na observación e identificación de diferentes especies de aves mariñas, así como a flora endémica dos cantís e outros valores ambientais de Cabo Burela e a súa contorna.

Estas visitas inclúen o préstamo do material óptico e guías necesarias para o avistamento e interpretación das aves.

  • Datas: 20 e 26 de agosto e 19 de setembro.
  • Horario: de 09:00h a 12:00h. Saída desde a oficina de turismo.
  • Distancia: de 4 a 6 quilómetros en total.
  • Máximo 15 persoas por roteiro.
  • Rutas gratuítas
  • Necesaria reserva previa

 

RUTAS ORNITOLÓXICAS
Fotografía de Ricardo Hevia

 

MOLDE DO FARO

No ano 2014 un temporal causou grandes desperfectos no faro de Pena Burela. Para a súa reconstrución empregouse un molde consistente nunha estrutura metálica que hoxe se pode ver preto da praia da Marosa. Este proxecto que lle volveu dar vida ao molde recibiu o nome de ‘Burela Alumea | O Espello do Faro’.

No seu interior o artista David Catá creou a súa obra ‘La piel del mar’.

As visitas son guiadas e gratuítas e teñen unha duración aproximada de 30 minutos. É necesaria a preserva previa.