Factura Electrónica
A partir do día 15 de xaneiro de 2015 todos os provedores que entreguen bens ou presten servizos ao Concello de Burela poderán expedir e remitir factura electrónica axustada aos formatos e condicións establecidas na Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas do Sector Público, así como demais normativa de desenvolvemento, debendo presentalas, en tal caso, a través do Punto Xeral de entrada de facturas electrónicas proporcionado polo Estado (plataforma FACe) ao que este Concello se encontra adherido.
No artigo 4 da devandita Lei faise referencia aos provedores que están obrigados ao uso da factura electrónica e a súa presentación a través do punto xeral de entrada que corresponda.
Desta maneira, todos os provedores que entregasen bens ou prestado servizos á Administración Pública poderán expedir e remitir factura electrónica. En todo caso, estarán obrigadas ao uso da factura electrónica e a súa presentación a través do punto xeral de entrada que corresponda as entidades seguintes:
a. Sociedades anónimas.
b. Sociedades de responsabilidade limitada.
c. Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española.
d. Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos termos que establece a normativa tributaria.
e. Unións temporais de empresas.
f. Agrupacións de interese económico, Agrupación de interese económico europea, Fondo de Pensións, Fondo de capital risco, Fondo de investimentos, Fondo de utilización de activos, Fondo de regularización do mercado hipotecario, Fondo de titulización hipotecaria ou Fondo de garantía de investimentos.
Non obstante en virtude da potestade regulamentariamente atribuída no último parágrafo do referido artigo, o apartado cuarto da disposición adicional primeira da Orde HAP/1074/2014, do 24 de xuño, polo que se regulan as condicións técnicas e funcionais que debe reunir o Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas, exclúe da presentación obrigatoria en FACe-Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas, ás facturas electrónicas por importe de ata 5.000,00 euros (impostos incluídos). (Base 50 das Bases de Execución do Orzamento para 2022)
Códigos de unidades administrativas
Listado de códigos de órganos competentes en tramitación de facturas, segundo o directorio DIR3 de unidades administrativas, xestionado pola Secretaría de Estado das Administracións Públicas:
Oficina Contable: L01279024 / Ayuntamiento de Burela
Órgano Gestor: L01279024 / Ayuntamiento de Burela
Unidad tramitadora: L01279024 / Ayuntamiento de Burela
Enlaces de interés