Tarxeta de residentes para as zonas verdes

En que consiste?

Permiso que permite estacionar nas zonas reservadas para residentes no sector correspondente.

Onde se fai?

A solicitude poderase presentar por sede electrónica ou por rexistro de maneira presencial no Concello de Burela.
 

Prazo de presentación

Prazo de solicitude:

Desde o 9 de decembro de 2024 ao 31 de xaneiro de 2025 (ambos inclusive)
 

Documentación necesaria

A persoa que desexe solicitar o seu permiso de residente deberá rexistrar a seguinte documentación:

Unha vez recibida e comprobada a documentación, o usuario recibirá unha notificación informándolle do dereito ou non ao acceso ao devandito permiso. No caso de ter dereito a este permiso, recibirá a confirmación do alta como usuario residente para o ano 2025 e deberá liquidar unha taxa de tramitación do expediente administrativo de 6,92 euros. Unha vez presentado o xustificante de pagamento, facilitaráselle a tarxeta correspondente para colocala nun lugar visible no vehículo con distintito de Residente do Concello de Burela.