Ven a Burela
Vila mariñeira por excelencia, a nosa situación xeográfica convértenos en privilexiado balcón ao Cantábrico.
Localizada no destino turístico/xeodestino definido como A Mariña Lucense que se estende delimitado polo mar Catábrico ao norte e a Sierra do Xistral ao sur, agrupa os municipios de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Pontenova, Ribadeo , Trabada, Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.
Afortunados e afortunadas pola paisaxe que nos brinda a nosa localización, abrímonos ao mundo ofrecendo modernidade pero tamén memoria histórica e acollendo a quen nos elixe cos brazos abertos. Desfrutade dun punto turístico privilexiado pola súa configuración natural e polos moitos servizos que ofrece, entre os que se inclúe unha ampla variedade de restaurantes e mariscarías e un abundante número de prazas hostaleiras.
Benvidos e benvidas a Burela, gozarédela !
Descargar folleto turístico en PDF
Turismo Burela
Explanada portuaria - Burela - Lugo
Facebook: https://www.facebook.com/turismoedeporteburela/?fref=ts
Horario: De 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30