Barco Museo Boniteiro "Reina del Carmen"
Símbolo, homenaxe e testemuña da vida dos homes do mar
Vén visitar o Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, un pesqueiro tradicional do Cantábrico construído en madeira nos anos 60.
VIDA A BORDO. Pódense visitar todos os seus compartimentos, cuberta, ponte, neveira e camarotes, revivindo como era a vida a bordo dun barco boniteiro dos anos 60.
ARTES DE PESCA. No seu interior expóñense os métodos de pesca tradicionais empregados na captura do bonito con cacea ou curricán, a forma artesanal de pesca que mellor garante a calidade do produto.
As visitas son sempre guiadas e teñen unha duración aproximada de 1 hora.
Descargar folleto do Barco Museo Boniteiro (PDF)
Fai a túa reserva aquí:
É imprescindible ter reserva previa para entrar ao Barco.
As reservas deben realizarse a través da web ata unha hora antes da visita. No caso de que falte menos dunha hora deben consultar previamente a dispoñibilidade de prazas na Oficina de Turismo.
Capacidade máxima de 20 persoas por visita.
As reservas de grupos (visitas escolares, excursións....) deben concertarse coa maior antelación posible. Pódense facer presencialmente na Oficina de Turismo, no teléfono 982 888 506, ou a través do correo oficinadeturismo@burela.org.
VISITAS GUIADAS
| Adultos | 5€ |
| Entre 8 e 17 anos | 3€ |
| Menores de 8 anos | Gratis |
| Centros educativos (con concertación previa) | Gratis |
| Grupos de máis de 20 adultos | 4€ |
Prazas limitadas.
Horarios
De setembro a xuño: de martes a venres visitas ás 11:00h-12:00h-13:00h-17:00h-18:00h. Sábados ás 11:00h-12:00h-13:00h.
Pechado os domingos, luns e festivos.
De xuño a setembro: de luns a venres visitas ás 11:00h-12:00h-13:00h-17:00h-18:00h-19:00h. Sábados ás 11:00h-12:00h-13:00h.
Pechado os domingos.
Bandeira Azul de Educación Ambiental e Protección dos Recursos Mariños
O importante labor na defensa dos recursos naturais e ambientais mereceu o recoñecemento da Unión Europea coa concesión da Bandeira Azul, tanto polas campañas de educación ambiental como pola protección dos recursos mariños.
O Barco
O Reina del Carmen é un antigo barco boniteiro con casco de madeira de 25 metros de eslora que no ano 2000 salvouse do despece para reconvertilo en museo etnográfico da cultura mariñeira. Foi premiado como Centro Azul de Educación Ambiental e desde 2010 encóntrase na Asociación Estatal de Museos do Mar.
O Concello de Burela contribúe así á recuperación do patrimonio marítimo, dinamizando todo tipo de actividades que xiran arredor do mar e da súa cultura. O Barco Museo Reina del Carmen atópase amarrado no peirao do porto de Burela. Durante a visita ao barco pódense percorrer todos os seus compartimentos: cuberta, ponte de mando, neveira e camarotes, revivindo como era a vida a bordo dun barco bonitero dos anos 60.
Todos os seus equipos mecánicos, eléctricos, electrónicos e hidráulicos, incluíndo os motores principais e auxiliares, así como os de seguridade e salvamento, funcionan perfectamente. No seu interior expóñense os medios e artes de pesca tradicionais empregados para a captura do bonito na especialidade de cacea ou curricán, que é a forma artesanal de pesca que mellor garante a calidade do produto. Tamén se ilustra sobre outras artes de pesca tradicionais, como os palangres, o enmalle, arrastre, marisqueo e nasas.
Historia do Reina del Carmen
O Reina del Carmen parte por primeira vez do porto de Burela o 27 de xuño de 1968 para realizar a súa primeira costeira do bonito en augas das Illas Azores (Océano Atlántico). A súa tripulación estaba formada por 14 mariñeiros. As súas condicións de vida durante os 20 ou 25 días que duraba a marea pódense recrear hoxe neste Museo.
Durante os seus 30 anos de vida profesional o Reina del Carmen tamén se adicou ás pesquerías do peixe espada, pescada e bocarte, podendo observarse estas artes na exposición do interior da neveira do barco. A súa última singradura tivo lugar o 27 de setembro de 1998 desde o porto de Santander ao de Burela, terminando a súa vida profesional e dando comenzo a esta nova etapa.



