Feira do Bonito & Produart
Burela é a capital galega do Bonito do Norte, e unha das máis importantes do mundo, sendo o seu porto de referencia, tanto por tradición como por volume de capturas. Esta xoia gastronómica, é todo un emblema e un dos símbolos de identidade desta vila mariñeira, en cuxo desenvolvemento económico e poboacional tivo moito que ver. Din os nosos vellos mariñeiros que "Burela está feita de costeiras de bonito" É por todo iso que, desde 1983, dedica a súa festa de exaltación gastronómica, a Feira do Bonito, a este túnido, capturado un a un e con anzol, garantindo así a súa calidade e a súa sustentabilidade, sendo declarada de Interese Turístico Nacional. O público asistente pode degustar bonito en varias preparacións (tapa de salpicón, á grella, cocido, en empanada...), incluíndo racións sen glute para comensais que sexan celíacos/as. A variedade de actividades que integran esta feira e os eventos relacionados teñen como principais obxectivos a reivindicación da historia, cultura e gastronomía mariñeira da vila.
Descargar programación XXXVIII Feria del Bonito
Para saber máis sobre a XXXVII Feira do Bonito pode consultar a súa páxina de Facebook e Instagram.
Paralelamente á feira transcorre a XXII edición de Produart, Feira de Produtos do Mar, Artesáns e Ecolóxicos, organizada pola Fundación Expomar, que apoia a actividade de produtores e sectores que empregan métodos sostibles e non invasivos co medio natural fronte ás formas de producción convencionais.
Con entrada gratuíta, teñen cabida obradoiros, demostracións, showcookings, degustacións gastronómicas, música en directo, conferencias, actividades infantís...
Para saber máis sobre Produart, a súa filosofía, expositores/as e actividades visitar a súa páxina web, o Facebook de Expomar e consultar a súa programación en PDF.
Xeoruta de O Perdouro
Coma durante todo o verán poderase visitar o noso Barco Museo Boniteiro "Reina del Carmen" e que mellor ocasión que durante a feira na que se degusta o Bonito de Burela que pescou durante trinta anos! Máis información.
Barco Museo Boniteiro "Reina del Carmen"