IV Tapeo Bonito

Burela é a capital galega do Bonito do Norte, e unha das máis importantes do mundo, sendo o seu porto de referencia, tanto por tradición como por volume de capturas. Esta xoia gastronómica, é todo un emblema e un dos símbolos de identidade da nosa vila mariñeira, en cuxo desenvolvemento económico e poboacional tivo moito que ver. É por todo iso que, desde 1983, se lle dedica unha feira de exaltación gastronómica, a Feira do Bonito, a este túnido, capturado un a un con anzol, garantindo así a súa calidade e a súa sustentabilidade, sendo declarada de Interese Turístico Nacional.

No ano 2021 non foi posible a celebración da que sería a súa edición XXXVII por mor da pandemia que sufrimos, mais como o Bonito de Burela non podía quedar sen a súa merecida homenaxe, acordouse organizar o I Tapeo Bonito en bares, cafeterías e restaurantes da vila mariñeira , con pratos e tapas nos que era o principal protagonista. Á vista do éxito alcanzado, continúanse celebrando estas xornadas na súa honra, precedendo a feira gastronómica.

 

Descargar en PDF

 

A continuación podes consultar cada establecemento participante: