Consumo
INFORMACIÓN, ASESORAMENTO, PROTECCIÓN, DEFENSA E EDUCACIÓN SOBRE CONSUMO
A OFICINA DE CONSUMO é un servizo público, dependente do Concello da Burela, cuxo obxectivo é prestar aos consumidores e usuarios, veciños da nosa vila, os servizos de información, educación, formación, orientación e asesoramento en materia de consumo.
Os consumidores e usuarios teñen ao seu servizo, de maneira gratuíta, a posibilidade de realizar consultas, tanto telefónicas como presenciais, presentar follas de reclamación e/ou solicitar información e documentación en materia de consumo.
As funcións, básicas que ofrece o departamento de Consumo son as seguintes:
- Información e asesoramento aos consumidores, mediante unha atención personalizada das consultas.
- Tramitación das reclamacións e denuncias
- Promoción e información do sistema arbitral de consumo
- Educación e formación dos consumidores.
- Colaboración coas asociacións de consumidores do noso municipio.
Onde estamos?
Na planta baixa do Concello de Burela, no mostrador de Información.
Teléfono: 982 586 000
Pide CITA PREVIA ONLINE
Correo electrónico: omic@burela.org