Comercio
A Concellería de Comercio ten como obxecto crear unha infraestrutura comercial innovadora, competitiva e potenciar Burela como destino de compras.
Neste servizo impúlsanse actuacións para mellorar a oferta comercial de Burela e para promocionar o comercio como elemento orquestrador da vida social e económica da nosa vila, a través de políticas activas de apoio ao comercio, de impulso do asociacionismo comercial, do aumento da súa competitividade e de mellora do contexto urbano.
As súas funcións son:
- Elaborar políticas de apoio ao comercio.
- Desenvolvemento de actividades de promoción comercial e de programas de revitalización urbano-comercial.
- Informar e asesorar ao cidadán en materias que afectan á actividade comercial, horarios, mapa comercial, guías de comercio, etc., mediante atención en liña, telefónica e/ou presencial.
- Tramitar expedientes que deban ser obxecto de acordos municipais.
- Canalizar iniciativas, suxerencias, problemática ou necesidades no sector comercial.
- Colaborar en eventos.