Unidad Asistencial de Drogodependencias de Burela
UAD BURELA
A UAD-Burela está situada na Rúa Laxelas, antigas “ Escolas Vellas”, e nun dos 17 centros ambulatorios pertencentes á Rede de Tratamento das Condutas Adictivas do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), dentro da Subdirección Xeral de Xestión Sociosanitaria e Saúde Mental, aínda que é xestionado polo Concello de Burela a través de subvencións conveniadas anualmente coa FEGAMP (Federación Galega de municipios e Provincias).
Desde o día 13 de abril de 1.994 conta coa correspondente autorización administrativa de apertura e posta en funcionamento como Centro Sanitario de tratamento de condutas adictivas, regulada pola Orde do 7 de Julio de 1.988 (DOG nº195 do 10 de outubro).
O seu ámbito de actuación é a comarca de “A Mariña Lucense”, formada por 14 concellos (Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Lorenzana, Trabada, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro, Cervo, Xove, Viveiro, Ourol e O Vicedo).
O Obxectivo da UAD é a asistencia sociosanitaria ás persoas con trastornos adictivos, xa sexan estes causados por substancia legal (alcol, tabaco) ou ilegal (cannabis, cocaína, drogas de sínteses, heroína,...) ou ben adiccións comportamentales ( ludopatía / xogo patolóxico), así como aos seus familiares e achegados, tendo en cuenta os obxectivos básicos de avaliación, desintoxicación e deshabituación, a prevención de recaídas, a redución do dano, e a mellora das condicións xerais de saúde e sociais da persoa afectada, para posibilitar a súa normalización e integración social.
O equipo multidisciplinar está formado por:
- Directora-Psicóloga
- Médico
- Psicóloga Clínica
- DUE
- Traballadora Social
- Aux. Clínica / Técnico de Laboratorio
- Aux. Administrativa
O tratamento realízase en Modalidade Ambulatoria.
É GRATUÍTO e VOLUNTARIO.
O acceso é directo (non se esixe Volante de Derivación) pero sempre con cita previa.
Descargar Protocolo Violencia no Ámbito Familiar (pdf)
Onde estamos?
En Rúa das Laxelas, 14. En Burela.
Teléfono: 982 580 201
Correo electrónico: uad@burela.org