Servizo Atención Temperá
QUE É O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ?
O servizo de Atención Temperá ten por obxectivo apoiar o desenvolvemento infantil e a inclusión sociofamiliar dos nenos e nenas de 0 a 6 anos que o precisen, mediante a realización de intervencións preventivas e asistenciais de atención temperá dirixidas ao propio neno ou nena, á súa familia e a súa contorna.
QUE É A UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ?
- É un centro especializado no que se imparten diversas terapias:
-
Estimulación pedagóxica.
-
Apoio psicolóxico.
-
Logopedia.
-
Fisioterapia (SERGAS)
-
- Coas familias:
-
Apoio emocional, social, informativo e formativo.
-
Información e orientacións sobre o desenvolvemento.
-
- Coordinación con outros recursos da contorna.
QUEN PODE ACCEDER?
A poboación infantil de 0 a 6 anos e as súas familias cando exista un trastorno no desenvolvemento ou risco de padecelo.
CANDO DEBEMOS CONSULTAR CO PEDIATRA?
-
Se aos 3 meses non sorrí, non fixa a mirada ou non mantén a cabeza.
-
Se aos 6 meses non se interesa en obxectos.
-
Se aos 9 meses non se mantén sentado.
-
Se aos 12 meses non se sostén de pe, non se comunica ou non sinala.
-
Se aos 18 meses non di palabras sinxelas, non camiña ou non sabe o nome de obxectos e familiares.
-
Se aos 24 meses non di frases espontáneas de dúas palabras.
-
Se presenta perda de linguaxe.
Onde estamos?
En Rosalía de Castro, 20. Na antiga Casa do Mar, en Burela.
Teléfono: 982 58 62 08 - 982 58 97 44 - 982 58 97 45
Correo electrónico: atenciontempera@burela.org
Horario: Todos os días de 8 a 15 horas e luns, martes e mércores de 16 a 20 horas.