Obras e Servizos
Obras e servizos é o departamento do Concello de Burela que asume o conxunto de actuacións múltiples e diversas en materia de obras e mantemento/ reparación xeral de infraestructuras e equipamento públicos municipais. Contando coas seguintes seccións: Fontanería, electricidade, xardinería, mantemento de instalacións municipais e centros educativos, cemiterio municipal, maquinaria e mantemento xeral e obras.
Quen o integra?
- Responsable do Departamento. Encargado de obras - Arquitecto Técnico.
- Sección Fontanería: Oficial de fontanería
- Sección de electricidade: Oficial e peón de electricidade.
- Sección de Xardinería: Oficial e peón .
- Sección de mantemento de instalacións municipais e centros educativos: Dous oficiais e dous peóns.
- Sección do Cemiterio Municipal:Oficiais de albanelería da sección de obras.
- Sección de maquinaria e mantemento xeral: Dous oficiais e dous peóns.
- Sección de obras: Dous oficiais de albanelería.
En total forman parte deste departamento un responsable, nove oficiais e seis peóns.
Funcionamento
O responsable do sevizo recibe as ordes da alcaldía ou concellería de obras e avisos de avarías por parte dos cidadáns recibidos no Concello .
Localización
A Nave de Obras está na R/ Luis Seoane Nª15, Burela
Como se pode acceder
Chamando ao Tlf: 982 58 60 00
Horario
De 08:00 a 15:00 de luns a venres