Cultura
Dende Maio de 2015 o Concello de Burela a través da súa delegación de Cultura, Educación e Xuventude aposta por unha programación variada e de calidade que amosa os seus resultados no aumento paulatino de público.
As liñas estratéxicas de dita programación seguen os seguintes obxectivos:
-
Formación de públicos: Facendo especial incidencia no público do futuro (nenos/as e adolescentes). Se conseguimos que o público máis novo sinta emoción nas súas primeiras experiencias nas artes escénicas conseguiremos que sexan público no futuro. Dende a programación para bebés até o público máis difícil, o público adolescente.
-
Captación de novos públicos: público adulto que nunca ou mui poucas veces asistiu ao teatro, incluíndo programacións que fuxindo do máis estritamente comercial reciban experiencias atractivas, dixeribles, que atrapen a novos espectadores e creen a necesidade de volver ao teatro.
-
Conservación de públicos: temos detectado a través das enquisas e dos datos de asistencia que existe xa un público fiel que acude ao Auditorio Municipal de Burela evento tras evento. Iso amosa que a liña de programación atrae, polo que debemos seguir apostando por unha continuidade que manteña os públicos existentes.
-
Seguir ofertando disciplinas máis aló do teatro: concertos, musicais, ballet, ópera, circo, monicreques, maxia, monólogos, cinema...O noso fin é tentar achegar unha oferta asequible e á súa vez ampla, variada e de calidade.
O Auditorio Municipal de Burela está adscrito á Rede Galega de Teatros e Auditorios que xestiona Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais)
Máis información: