Camiño do Mar

O Camiño do Mar é un roteiro xacobeo alternativo ao Camiño do Norte, que se desvía do trazado principal deste dende a vila de Ribadeo para gozar de bonitas paisaxes e localidades costeiras de Lugo e A Coruña, en lugar de continuar por zonas do interior, permitindo así aos camiñantes ofrecer a súa peregrinaxe non só ao Apóstolo Santiago, senón tamén a San Andrés Apóstolo, pasando por San Andrés de Teixido, meca ancestral de peregrinación e inspiración de múltiples lendas. Un dito moi popular é o de "a San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo".

Trátase dun roteiro tradicional, un roteiro que esconde as pisadas dos peregrinos de outrora, que lamentablemente caera en desuso ata que nos últimos anos estudouse e recuperouse, polo que por sorte actualmente podemos volver a desfrutalo de novo. Acháronse probas da súa existencia en antigos documentos episcopais e, afortunadamente, consérvanse en pé a práctica totalidade de hospitais de peregrinos que daban servizo aos seus transeúntes: os de San Martiño de Mondoñedo, Cervo, Celeiro e Viveiro.

Os seus 140 km de lonxitude pola costa lucense están divididos en seis etapas, constando de tres etapas adicionais pola costa coruñesa ata enlazar co Camiño Inglés.

Polo momento carece de sinalización, mais o itinerario do roteiro pola parte lucense está descrito con exactitude na seguinte guía:

E o da Coruña nesta ligazón: https://caminoasanandres.com/rutas-camino-del-mar/

En Burela discorre pola igrexa da Vila do Medio, coas súas excepcionais pinturas murais do gótico tardío, e polo antigo Camiño Real de Burela a Sargadelos.