Visitas guiadas

En Burela podes adentrarte nos oficios tradicionais ligados ao mar e no funcionamento dun dos portos de referencia do Cantábrico, deixándote guiar pola nosa memoria colectiva mariñeira na Moncloa (Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns), pola nave da lonxa para asistir á poxa do peixe, polo Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen e polas estancias dunha das conserveiras artesanais da vila. Ademais, non podían faltar as xeorutas nun lugar declarado geosite de importancia xeolóxica a nivel internacional. Completa as visitas guiadas a igrexa da Vila do Medio, con pinturas de finais do século XV.

Acompáñasnos?


Descarga aquí o díptico de Burela de Ruta 2025

 

BARCO MUSEO BONITEIRO ‘REINA DEL CARMEN’

Coñecerás a vida e tarefas diarias dunha tripulación en altamar, as artes de pesca que se empregan nos portos do Cantábrico e as tecnoloxías dun barco do ano 1967.

 

 
 

A MONCLOA

  • Visita gratuíta

  • Aberto todo o ano de luns a venres de 10:00h a 12:00h e de 16:00h a 18:00h.

  • Reservas e consultas no 665013838

  • Dirección: Rúa do Porto, 1, Burela (fronte á Oficina de Información Turística)

Descubrirás A nosa Memoria colectiva vinculada ao mar a través da sabedoría de experimentados mariñeiros.

A Moncloa é unha asociación de mariñeiros xubilados fundada no ano 2008 que ofrece visitas no seu local.

Fai unha viaxe no tempo a través de anécdotas, historias e explicacións relacionadas. Empápate de toda a súa sabedoría que atesoura a nosa memoria colectiva, a dun pobo tan vinculado ao mar como é o de Burela.

 

 

CONSERVEIRA ARTESANAL

  • Visita gratuíta

  • Meses de xullo e agosto de 16:00h a 19:00h

  • Necesaria reserva previa na oficina de turismo

  • Duración aproximada da visita: 15 minutos

Aprenderás sobre o proceso de elaboración do noso produto gastronómico local con máis tradición, o Bonito de Burela en aceite de oliva.

Este verán tedes a oportunidade de coñecer o seu proceso de elaboración, etiquetaxe e elementos necesarios da man de Berónica Rodil, propietaria de Conservas Faro de Burela.

 

Conservas Faro de Burela

 

LONXA ABSA

  • Visita gratuíta

  • Meses de xullo e agosto durante a poxa da tarde

  • Necesaria reserva previa en https://rutadopeixe.burela.org/ (o prazo ábrese 3 días antes de cada visita). Non se permite a entrada ao edificio sen inscripción previa.

  • Máximo 30 persoas por día.

  • Duración aproximada da visita: 1 hora

Asiste en directo á primeira lonxa totalmente automatizada do mundo. Tras un breve vídeo explicativo poderase ver a ‘rula’ de máis de cen especies distintas.

 

 

Punto de encontro: Salón de actos no 1º andar da nave da lonxa (entrando pola porta principal e subindo as escaleiras).

 

XEORUTAS

Explora a historia da terra nunha viaxe polas formacións rochosas do noso litoral.

A través de tres percorridos guiados diferentes poderás descubrir caprichos xeolóxicos como arcos, cavernas, unha "igrexa" creada pola natureza, illotes que parecen desafiar á gravidade ou uns interesantísimos pregues de máis de 300 millóns de anos.

 

VILA DO MEDIO

  • Visita gratuíta

  • Meses de xullo e agosto

  • Necesaria reserva previa na oficina de turismo

Visitas guiadas á igrexa da Vila do Medio, a primeira construída en Burela, que conta con pinturas de finais do século XV.

 

RUTAS ORNITOLÓXICAS

  • Ruta gratuíta
  • Datas: 20 e 26 de agosto e 25 e 30 de setembro.
  • Horario: de 09:00h a 12:00h.
  • Distancia: de 4 a 6 quilómetros en total.
  • Máximo 15 persoas por roteiro.
  • As reservas poderán facerse na oficina de turismo desde unha semana antes de cada ruta.
  • Punto de encontro: oficina de turismo
  • Recomendacións: calzado cómodo e protección solar.

As rutas ornitolóxicas son roteiros guiados e interpretados para iniciarse na observación e identificación de diferentes especies de aves mariñas, así como a flora endémica dos cantís e outros valores ambientais de Cabo Burela e a súa contorna.

Estas visitas inclúen o préstamo do material óptico e guías necesarias para o avistamento e interpretación das aves.

 

RUTAS ORNITOLÓXICAS
Fotografía de Ricardo Hevia