Rastro solidario de segunda man
O Domingo 29 de Maio terá lugar na Praza da Mariña unha nova edición do Rastro Solidario de 2ª Man dende as 10:00 ata as 15:00 horas.
Reserva o teu posto chamando ao 982 58 11 41 ou ao 608158170.
Normativa reguladora:
Obxectos de venda ou intercambio
1.- O valor estipulado pola organización para un obxecto será de: Máximo 500 € e mínimo 1 €.
2.- Podéranse vender todos aqueles artigos que polas súas propias características poidan ser vendidos en situacións máis vantaxosas que as habituais, que sexan de segunda man, en bo estado de uso e conservación, incluído antigüidades ou artesanais procedentes do traballo manual e que non comporten risco algún para o comprador.
3.- Neste rastro non poderán venderse ou intercambiarse os seguintes produtos:
- Artigos perecedoiros, tales como bebidas e alimentación, en calquera das súas formas.
- Produtos químicos.
- Animais.
- Armas nin produtos explosivos.
- Aqueles produtos que precisen carné de manipulador ou autorización especial para a súa venda.
4.- Os obxectos preferiblemente levarán indicado o prezo de venda.
Requisitos das persoas participantes:
Poderán participar no mesmo previa inscrición persoas maiores de idade e asociacións. Todos os participantes deberán colaborar traendo 1 kg de alimentos non perecedoiros para a súa posterior doazón.
Duración e horarios:
O rastro terá lugar o Domingo 29 de Maio na Praza da Mariña sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. De non ser así celebraríase na antiga Praza de Abastos. As persoas participantes comprométense a respetar en todo momento o horario do mercado (montaxe, apertura e peche) de 10:00 horas a 15:00 horas. Para a montaxe o mesmo día a partir das 9:00 horas.
Admisión:
As solicitudes de participación fáranse aportando nome e apelidos, teléfono e DNI.
Responsabilidade dos bens do participante:
Os participantes son responsables exclusivos dos seus propios bens ante calquera perda, roubo ou dano ocasionado no posto, mobiliario ou produtos que expoñen ou venden, polo que o Concello de Burela se exime de calquera responsabilidade. Recoméndase que cada participante dispoña de Seguro de Responsabilidade Civil propio.
Nota: Mínimo de 5 e máximo de 30 postos para a realización do rastro. O incumprimento da normativa implica a exclusión inmediata da participación no mercado.