Cita Padrón de Habitantes

Información importante

  • As citas poden pedirse no teléfono +34 982 586 000 ou na Sede Electrónica do Concello de Burela.
  • Para solicitar Certificados de Padrón non é necesario cita previa.
  • Os trámites poden realizarse tanto de forma presencial como de forma telemática pola sede electrónica, neste último caso será preciso dispoñer de DNIe/Certificado electrónico, Cl@ve permanente ou Cl@ve móbil.

 

Para solicitar un certificado de Padrón:

  • Diríxete á planta baixa en Rexistro/Información.
  • A expedición do certificado leva asociado o pagamento dunha taxa de 4,94€ agás se a persoa solicitante é pensionista, demandante de emprego, forma parte de familia numerosa ou é estudante, previa acreditación documental destas condicións.

 

Para realizar unha alta, modificar os datos persoais, cambiar de domicilio ou renovar/comprobar a túa inscrición:

  • Diríxete á primeira planta en Padrón de habitantes.
  • Estes trámites son gratuítos.

 

Documentación necesaria para cada trámite

Alta, modificar datos persoais ou cambiar de domicilio:

  • Acreditar a identidade (DNI, NIE, pasaporte ou libro de familia).
  • Para menores de idade consentimento de ambos proxenitores ou declaración responsable.
  • Acreditar  o domicilio (escritura de propiedade, contrato de alugueiro ou autorización da persoa acreditada maior de idade xa empadroada no domicilio) .

 

Alta por nacemento:

  • Certificación literal da inscrición do nacemento.

 

Baixa por defunción:

  • Certificación literal da inscrición da defunción.

 

Renovar a inscrición no Padrón de Habitantes para persoas estranxeiras non comunitarias sen autorización de residencia permanente en España:

  • Acreditar a identidade (DNI, NIE, pasaporte ou libro de familia).

 

Confirmar a residencia no Padrón de Habitantes para persoas estranxeiras residentes en España que non están obrigadas a renovar a súa inscrición no Padrón de Habitantes:

  • Acreditar a identidade (DNI, NIE, pasaporte ou libro de familia).