ECLIPSE SOLAR TOTAL DO 12 DE AGOSTO DE 2026

O 12 de agosto de 2026 terá lugar unha eclipse total de sol e o concello de Burela é un dos mellores lugares para observalo, xa que o municipio está dentro da franxa xeográfica da súa totalidade.
EVENTOS EN BURELA
Domingo 2 de agosto:
- CHARLA DIVULGATIVA ‘Astronomía básica da eclipse, planificación e observación segura’
Dentro do marco das actividades de Produart terá lugar a charla ‘Astronomía básica da eclipse, planificación e observación segura’, a cargo do divulgador astronómico Antonio Pazos Pérez.
Lugar: Nave de Redes / Expomar, Feira Produart
Hora: 13:00h
Sábado 8 de agosto:
- CHARLA COLOQUIO na que se falará sobre a eclipse desde un punto de vista científico pero accesible a todos os usuarios, con consellos para a súa observación segura.
Lugar: Monte Castelo
Hora: 11:00h
Esta é unha actividade de balde que non precisa de reserva previa.
- OBRADOIRO DE OBSERVACIÓN SOLAR
Profesionais da divulgación astronómica facilitarán os medios e os coñecementos para gozar dunha observación solar diurna.
Lugar: Monte Castelo
Hora: 12:30h
Reserva: a actividade é gratuíta pero ten prazas limitadas. O prazo de reserva abre o 4 de agosto desde as 00:00h. Debe enviarse un correo electrónico a oficinadeturismo@burela.org co nome completo, DNI e número de teléfono de todos os participantes.
- OBRADOIRO ASTRONÓMICO INFANTIL
Os máis pequenos tamén teñen a súa oportunidade de aprender sobre a eclipse. Neste obradoiro realizarase un telescopio de observación indirecta e un reloxo solar. Poden participar nenas e nenos ata 12 anos.
Lugar: Monte Castelo
Hora: 17:00h
Reserva: a actividade é gratuíta pero ten prazas limitadas. O prazo de reserva abre o 4 de agosto desde as 00:00h. Debe enviarse un correo electrónico a oficinadeturismo@burela.org co nome completo da nena/o, idade e un número de teléfono de contacto.
Mércores 12 de agosto:
- A eclipse poderá observarse desde varios puntos do municipio. É necesario seguir todas as medidas de seguridade aconselladas para gozar da experiencia e escoller o lugar de observación con antelación. O inicio da eclipse será ás 19:30h, a súa totalidade ás 20:27h e o final ás 21:21h.
- ROTEIRO DAS PERSEIDAS
O mesmo día da eclipse é o día de máis actividade das bágoas de San Lourenzo ou perseidas. Por esta razón, o Concello de Burela propón un roteiro nocturno gratuíto para a súa observación que transcorrerá polo Monte Castelo.
Inicio da actividade: 22:30h
Lugar de inicio: Cemiterio municipal
Distancia do percorrido: 7 kms
Reserva de prazas: o prazo de reserva ábrese o 5 de agosto ás 00:00h. É necesario enviar un correo electrónico a oficinadeturismo@burela.org co nome completo, DNI e número de teléfono de todos os participantes.

Que é unha eclipse?
Unha eclipse solar acontece cando a lúa pasa diante do sol e proxecta a súa sombra sobre a terra. No momento da totalidade da eclipse o sol queda cuberto, polo que a terra queda a escuras, o día escurece e baixa a temperatura.
Duración da totalidade da eclipse en Burela: 1m 48s
Inicio da eclipse: 19:30h
Inicio da totalidade: 20:26h
Máximo da eclipse: 20:27h
Fin da totalidade: 20:28h
Fin da eclipse: 21:21h
Posta de sol: 21:37h
MÁIS INFORMACIÓN: https://eclipse.deputacionlugo.org/