Mar
Narra D. Ricardo Pena no seu libro de Apuntes Históricos e Crónica do século XX de Burela: “El puerto es el principal motor de la actividad burelesa, evidenciada en el dinamismo de su lonja y de su flota numerosa. La visión de la dársena ofrece una estampa imborrable de pujanza que refleja el espíritu emprendedor de unas gentes cuya capacidad de progreso e innovación a todos sorprende, y que han sabido mantener, como preciosa herencia, la llamada de la mar y el saber de expertos pescadores”
Pensar en Burela é pensar directamente no mar e nun dos portos pesqueiros máis importantes do Cantábrico.
Pensar en Burela é nomear ao coñecido e valorado bonito do norte como “Bonito de Burela” como símbolo de calidade e distinción, pero tamén pensar en pescada do pincho e noutras moitas especies que se comercializan cada día traspasando tódalas fronteiras.
O Mar en Burela e todo o que este conleva para a veciñanza da nosa vila, merece ter unha concellería na que traballando conxuntamente con tódolos organismos e entidades implicadas no sector pesqueiro, consiga axuntar forzas para seguir medrando e mellorando polo ben común.
A través da FUNDACIÓN EXPOMAR, apoiada por un sólido grupo de entidades públicas e privadas, ademais do Concello de Burela, a Confraría de Pescadores San Juan Bautista e a Organización de Productos Pesqueiros de Lugo, conséguese unha importante plataforma de comunicación entre a Administración, os empresarios do sector mariño e os profesionais que traballan nel, e deste modo, alcanzar unha maior conciencia e sensibilidade sobre o mundo do mar, potenciando o seu afianzamento como marco creador de emprego e desenrolo socioeconómico.
¿Cales son os fins da Concellería de Mar, apoiándose en moitos casos, na Fundación Expomar e en outras entidades con competencia dentro do sector?
- Ser parte activa en tódolos programas e oportunidades que desenvolva o GALP e poidan ser beneficiosos para a nosa vila e/ou comarca.
- Potenciar a comunicación e a información no mundo do mar.
- Fomento da relación entre a Administración con competencia no sector náutico-pesqueiro e os profesionais dedicados a el.
- Ser un elemento motivador da creación de novas infraestruturas e servizos.
- Colaboración coa concellería de Deportes para a promoción do Deporte Náutico como actividade de lecer continuada e estruturada.
- Colaboración coa concellería de Turismo para a promoción do turismo mariñeiro na zona, e do turismo náutico en particular, así como das actividades complementarias ao mesmo.
- Dar apoio ás iniciativas en favor do desenvolvemento do sector náutico-pesqueiro e as actividades náutico-deportivas de calquera entidade da Mariña.
- Colaboración coa concellería de Comercio para dar apoio ás Festas Gastronómicas e promoción na restauración dos produtos pesqueiros.
- Aposta e promoción da cultura mariñeira tanto para escolares como para o resto da veciñanza de Burela.
Artigos de interese
Cabo Burela: Unha punta, unha pedra, un pobo
UN BARCO-MUSEO OU UN MUSEO DO BARCO?