Centro de Educación Medioambiental Gaia "Terra Viva"

Que é GAIA?

GAIA é un centro de educación ambiental que ten por obxectivo educar/sensibilizar á poboación para acadar un desenvolvemento máis sostible.

 

Quenes formamos GAIA?

GAIA está formada por dúas monitoras de educación ambiental e tempo libre.

 

Con quen traballa GAIA?

Dende GAIA traballamos con distintos sectores: poboación en idade escolar, asociacións e poboación en xeral.

 

Que actividades facemos?

  • Actividades en horario escolar nos CEIPS, IES e Escolas Infantís: talleres, charlas, rutas…
  • Actividades extraescolares nos CEIPS: xogos e manualidades.
  • Actividades con diferentes asociacións do pobo: talleres, charlas, rutas…
  • Campañas de Educación Ambiental.
  • Xestión das redes sociais da delegación de Medio Ambiente do noso Concello.
  • Organización de actividades de carácter lúdico e tempo de lecer.
  • Organización da Semana da Mobilidade.
  • Organización das Xeorutas e outras rutas por Burela .
  • Organización/colaboración co entroido do pobo.
  • Organización de talleres/cursos para poboación adulta.
  • Ocioteca de verán.

 

Onde estamos?

Estamos na Praza de Abastos n.º 5

Teléfono: 982580867

Correo electrónico: gaia@burela.org

Horario: 8:00 a 15:00 h

 

 

Actividades do Centro de Educación Medioambiental