• Galego
  • Español

A Delegación de Medio Ambiente do Concello oferta un obradoiro de Alquimia na cociña

A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela que dirixe Toñi Eijo oferta un obradoiro de Alquimia na cociña que terá lugar o sábado 7 de novembro ás 16:00 na Praza de Abastos de Burela. Preguntácheste algunha vez por que algunhas persoas sempre teñen frías as mans ou os pés, outros arrefríanse con facilidade ou incluso precisan unha cervexa para relaxarse? Descobre como facer alquimia na cociña e na vida utilizando ferramentas que todos temos. Cociña para enfriar,quentar, remineralizar, relaxar, activar, depurar... Unha boa alimentación está relacionada cun bo estado do corpo, un sistema inmune forte e un óptimo peso; e neste obradoiro trataremos dun xeito teórico e tamén práctico todo isto.

Faremos diferentes receitas nutricionalmente equilibradas, tanto doces como salgadas; introduciremos alimentos novos e usaremos os que xa coñecemos dun xeito diferente. A duración do obradoiro será dunhas tres horas e media, e para poder asistir hai que estar empadroad@ en Burela e apuntarse na oficina de Gaia (Praza de Abastos) ou chamar ao 647136673, as prazas son limitadas.