O concello de Burela amplía o programa de compostaxe doméstica a 30 novos fogares
Grazas ao apoio de Sogama, o concello de Burela amplía o programa de compostaxe doméstica a 30 novos fogares.
Contamos cun total de 30 novos composteiros con capacidade para 390 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables.
Todas as persoas interesadas poden inscribirse ata o 23 de outubro chamando ao seguintes teléfonos 982580867/647136673, ou ben achegarse á oficina de Gaia sita na Praza de Abastos.
Os requisitos para poder recibir, de xeito totalmente gratuíto, un composteiro doméstico son: estar empadroados en Burela, ser maior de idade e ter un espazo verde (horta, xardín…)
Ademais dos composteiros as persoas que participen nesta campaña recibirán a formación necesaria para poder poñer en valor a materia orgánica mediante a súa transformación en compost e manuais didácticos nos que se detalla a operativa a seguir e dáse resposta ás dúbidas máis frecuentes. Dita sesión formativa terá lugar o luns 26 de outubro ás 19.00 horas no Salón de Coferencias, antiga biblioteca municipal.