Pestanas principais

Decembro 2023

Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
27
28
29
30
1
2
3
 
 
 
 
Cine na rúa - Bella e o circo máxico
venres, 1 Decembro, 2023 - 20:30
 
Mercado de Nadal

Mercado de Nadal

sábado, 2 Decembro, 2023 - 11:30 a domingo, 3 Decembro, 2023 - 19:30

O Concello de Burela celebra esta semana, nos días 2 e 3 de decembro, o seu mercado de nadal, que terá lugar na carpa situada na praza da Mariña.

O horario de funcionamento do mercado será de 11:00 a 20:00 tanto o sábado como o domingo. Ademais, o sábado día 2, de 11:30 a 13:30 e de 17:30 a 19:30, haberá obradoiros infantís coas monitoras da aula Gaia de educación medioambiental.

A convocatoria para participar no mercado, aberta a principios de mes para asociacións, entidades, artesáns e comerciantes, resultou ser un éxito, e o mercado contará finalmente con 30 postos de todo tipo.

A concelleira de Comercio de Proximidade de Burela e responsable da aula Gaia, Lina Gómez Pardo, anima a veciñanza a acudir ao mercado “para seguir dinamizando o comercio local nestas datas sinaladas, algo fundamental para o crecemento económico na nosa vila”.

sábado, 2 Decembro, 2023 - 11:30 a domingo, 3 Decembro, 2023 - 19:30
 
 
 
4
5
6
7
8
9
10
 
 
 
 
 
 
 
11
12
13
14
15
16
17
 
Consumo Responde

Consumo Responde

martes, 12 Decembro, 2023 - 11:00

Xornada informativa sobre consumo responsable e decisións de compra.
Martes 12 de decembro de 2023 ás 11:00 horas
Salón de Conferencias de Burela (Antiga biblioteca)

martes, 12 Decembro, 2023 - 11:00
 
 
 
Día do Orgullo Mariñeiro de Burela 2023

Día do Orgullo Mariñeiro de Burela 2023

venres, 15 Decembro, 2023 - 13:00

Este é o programa para o Día do Orgullo Mariñeiro: 

Venres 15 de decembro de 2023
Ás 13:00 horas: Orgullo Mariñeiro na Escola: máis de 700 escolares da Mariña Lucense comerán merluza de Burela nos seus menús
Ás 18:00 horas: Orgullo Mariñeiro no Escenario: na Casa da Cultura de Burela poderás desfrutar da película documental "Escamas, Sangre!", e a continuación, unha charla coloquio cos protagonistas do documental
Ás 20:00 horas: Orgullo Mariñeiro no Prato: degustación gratuita de "Peixe de Burela" na Praza da Mariña.

venres, 15 Decembro, 2023 - 13:00
 
Rockeando coa Ramona Pequena - Pakolas

Rockeando coa Ramona Pequena - Pakolas

sábado, 16 Decembro, 2023 - 18:00

Praza da Mariña de Burela
Sábado 16 de decembro de 2023 ás 18:00 horas

En "Rockeando coa Ramona pequena" Pakolas preséntanos o seu último libroQR "A Ramona pequena vai á Lúa", editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Abril-2023)  Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, e contaremos e cantaremos a historia da Ramona pequena. A máquina do tempo leva a Ramona á súa infancia., e vivimos así unha nova aventura didáctica e rockeira rebordante de imaxinación e aprendizaxe. Corría o ano 1967 no Courel e Ramona contaba con 6 aniños. Era unha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. Adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Verne, «A volta ao mundo en 80 días», «20 mil leguas de viaxe submarino», «Viaxe ao centro da terra» e sobre todo un que lle espertaba a mais grande das curiosidades, «Da terra á lúa», que lía unha e outra e outra vez. A Lúa era para ela unha fonte imparable de preguntas sen resposta: que tipo de leiras habería nela? Poderíase cultivar na súa superficie? Habería auga? Viviría alguén aí? Saberían, ou polo menos entenderían o galego? Sería mais grande que o Sol? Moitas personaxes poderedes coñecer neste novo espectáculo, como a profe Lupe, que sempre escoitaba atenta as dúbidas da pequena, ou á súa amiga furona Nora, coa que consigue viaxar ata a Lúa! Con estas e outras personaxes chegaremos á fin desta viaxe, que nos ensina que a imaxinación non ten límites, a nosa cabeza é un taller de ideas onde os soños poden tornarse realidade.

sábado, 16 Decembro, 2023 - 18:00
 
 
18
19
20
21
22
23
24
 
 
Programa Pleamar

Programa Pleamar

mércores, 20 Decembro, 2023 - 11:30

Este mércores 20 de decembro, inauguración da exposición fotográfica do Programa Pleamar

O acto será ás 11:30 na praza do Concello e contará coa participación da alcaldesa de Burela, Carmela López, e representantes da Consellería do Mar da Xunta, da Secretaría Xeral de Pesca, da Comisión Europea e da Fundación Biodiversidad (MITECO). 

A continuación, ás 12:00 na Casa da Cultura, haberá dúas charlas baixo o título “Dialogando sobre la pesca y la acuicultura sostenible y el Programa Pleamar”. 

O xantar popular será ás 14:30 na praza da Mariña, e incluirá un showcooking de merluza de Burela a cargo de Bruno Pena, da Asociación de Cociñeiros de Lugo. 

Ás 16:00 horas, proxección de curtos audiovisuais.

A participación nas xornadas será libre ata completar aforo.

mércores, 20 Decembro, 2023 - 11:30
 
 
Exposición de Postais Nadal 2023

Exposición de Postais Nadal 2023

venres, 22 Decembro, 2023 - 10:00 a xoves, 25 Xaneiro, 2024 - 10:28

Casa da Cultura de Burela
Sala de Arte -primeiro andar-
Do venres 22 de decembro de 2023 ao xoves 25 de xaneiro de 2024
De lus a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas

venres, 22 Decembro, 2023 - 10:00 a xoves, 25 Xaneiro, 2024 - 10:28
»
 
 
 
25
26
27
28
29
30
31
«
Exposición de Postais Nadal 2023

Exposición de Postais Nadal 2023

venres, 22 Decembro, 2023 - 10:00 a xoves, 25 Xaneiro, 2024 - 10:28

Casa da Cultura de Burela
Sala de Arte -primeiro andar-
Do venres 22 de decembro de 2023 ao xoves 25 de xaneiro de 2024
De lus a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas

venres, 22 Decembro, 2023 - 10:00 a xoves, 25 Xaneiro, 2024 - 10:28
»
 
 
 
 
La Sirenita - Tributo Musical

La Sirenita - Tributo Musical

venres, 29 Decembro, 2023 - 18:30

Casa da Cultura de Burela
Venres 29 de decembro de 2023 ás 18:30 horas
Entrada gratuíta

venres, 29 Decembro, 2023 - 18:30