Programa Pleamar

mércores, 20 Decembro, 2023 - 11:30

Este mércores 20 de decembro, inauguración da exposición fotográfica do Programa Pleamar

O acto será ás 11:30 na praza do Concello e contará coa participación da alcaldesa de Burela, Carmela López, e representantes da Consellería do Mar da Xunta, da Secretaría Xeral de Pesca, da Comisión Europea e da Fundación Biodiversidad (MITECO). 

A continuación, ás 12:00 na Casa da Cultura, haberá dúas charlas baixo o título “Dialogando sobre la pesca y la acuicultura sostenible y el Programa Pleamar”. 

O xantar popular será ás 14:30 na praza da Mariña, e incluirá un showcooking de merluza de Burela a cargo de Bruno Pena, da Asociación de Cociñeiros de Lugo. 

Ás 16:00 horas, proxección de curtos audiovisuais.

A participación nas xornadas será libre ata completar aforo.