|
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
|
II Semana da Infancia e Adolescencia
luns, 19 Outubro, 2026 - 10:00 a venres, 23 Outubro, 2026 - 23:00 Burela celebra do luns 19 ao venres 23 de outubro de 2026 a II Semana da Infancia e Adolescencia
- A programación inclúe actividades nos centros educativos, propostas de lecer na praza do Concello e unha mesa redonda sobre educación sen discriminación.
O Concello de Burela celebrará do luns 19 ao venres 23 de outubro de 2026 a II Semana da Infancia e Adolescencia, unha iniciativa impulsada polas áreas de Educación e Mocidade para conmemorar os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, dar visibilidade ao recoñecemento de Burela como Cidade Amiga da Infancia e continuar traballando na renovación desta distinción.
A proposta dá continuidade á iniciativa posta en marcha en 2025 na Mesa Técnica da Infancia, que promove a celebración dunha semana ao ano dedicada aos dereitos da infancia e da adolescencia. A programación inclúe obradoiros e actividades arredor do bo trato, a igualdade, a saúde, a diversidade e o xogo, ademais de formacións e encontros dirixidos a diferentes públicos.
Dende o Concello de Burela agradecen a implicación do persoal municipal de distintas áreas, en especial a Noelia Legazpi, educadora familiar do Concello, e Jaime Méndez, técnico de Mocidade; así como a colaboración dos centros educativos de primaria e secundaria da vila e o compromiso dos profesionais que participarán nas actividades.
Entre as propostas complementarias figura a proxección do documental “Palestina, una tragedia permanente”, o xoves 15 de outubro no Auditorio da Casa da Cultura. O mércores 21 pola mañá, os nenos e nenas do CEIP Vista Alegre visitarán os murais da Confraría de Burela. Pola súa banda, a Asociación Alborada de Vigo impartirá o venres pola mañá, no salón de plenos, unha formación dirixida a profesionais da psicoloxía que traballan coa infancia e a adolescencia.
Durante todas as tardes da semana, a praza do Concello contará con xogos de mesa, unha mesa de ping-pong e unha máquina recreativa retro a disposición dos nenos, nenas e adolescentes.
Un dos actos centrais terá lugar o xoves 22 de outubro, ás 19.00 horas, coa mesa redonda “Educación sen Discriminación”, na que participarán Ana Vasco, fiscal especializada en delitos de odio; Pablo Cando, xefe do GIC de Lugo e responsable tamén de delitos de odio; Emma Velo, da asociación Ecos do Sur; e Pilar Fernández, de Arraianas.
A semana rematará o venres 23 de outubro, ás 19.00 horas, cun acto de clausura no parque Rosalía de Castro, a cargo da alcaldesa, Carmela López, e do tenente de alcaldesa e concelleiro de Educación e Mocidade, Mario Pillado. O peche contará cun ensaio aberto da Escola de Música e coa actuación do grupo adolescente Blood Skeleton.
+Info: Descargar Programación da II Semana da Infancia e Adolescencia
luns, 19 Outubro, 2026 - 10:00 a venres, 23 Outubro, 2026 - 23:00
Bio Construcción
venres, 23 Outubro, 2026 - 21:00 Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable.
Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea.
Casa da Cultura de Burela
> Venres 23 de outubro de 2026 ás 21:00 horas
> Entrada: 5,00 euros
> Público: Adulto
> Entradas á venda na taquilla a partir das 20:00 horas
venres, 23 Outubro, 2026 - 21:00
|