Pestanas principais

mércores, Xuño 17 2026

Todo o día
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Exposición Os Maragatos da Porta de San Pedro

Exposición Os Maragatos da Porta de San Pedro

mércores, 17 Xuño, 2026 - 13:00 a mércores, 1 Xullo, 2026 - 20:00

O Concello de Burela, a Fundación Carmen Pérez-Carro e Egeria presenta o proxecto:

"Os Maragatos da Porta de San Pedro"

Inauguración o mércores 17 de xuño de 2026 ás 13:00 horas

Casa da Cultura de Burela
Do mércores 17 de xuño ao mércores 1 de xullo de 2026 de luns a venres de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas


O Concello de Burela anuncia que a Casa da Cultura da localidade acollerá a exposición Os Maragatos da Porta de San Pedro, organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro.

Despois de percorrer diversas cidades e vilas de toda Galicia, de León e de Salamanca, a mostra chegará a Burela ás 13:00 horas de mañá, día 17 de xuño, e estará dispoñible ata o 1 de xullo.

A exposición está composta por doce paneis en galego e castelán, e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entregará gratuitamente aos visitantes.

A historia narrada na mostra comeza en 1880, cando a primeira xeración de maragatos da Porta de San Pedro, en Lugo, se asentou fronte á histórica Porta Toledana da Muralla lucense.

Tratábase do matrimonio formado por Tomás Perez Carro e Vicenta García Carro, procedente de Santa Colomba de Somoza, no corazón da Maragatería leonesa. O 19 de abril de 2021 cumpríronse 40 anos do falecemento do cabeza de familia da segunda xeración, Tomás Pérez-Carro García, nado en Lugo en 1895.

Con este motivo, a terceira xeración desta familia pon en marcha este proxecto para investigar a súa historia, a súa procedencia leonesa e o asentamento en Lugo. Tamén a súa especial vinculación co comercio lucense, representada na actualidade polo histórico establecemento que rexe na rúa San Pedro a máis nova dos membros da terceira xeración, María del Carmen Pérez-Carro García.

A concelleira de Cultura de Burela, Lina Gómez, convida á veciñanza a asistir a visitar esta mostra para coñecer esta "interesante historia de migración e intercambio cultural con epicentro na nosa provincia".

mércores, 17 Xuño, 2026 - 13:00 a mércores, 1 Xullo, 2026 - 20:00