Policia Local

A Policía local de Burela, como integrante das Forzas e Corpos de Seguridade, segundo a Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, desenvolve as súas funcións no concello de Burela, entre as que se atopan as de instrución de atestados por accidente de circulación, confección de dilixencias xudiciais por diversos delitos, control e vixilancia do tráfico, policía administrativa en diversas materias (medio ambiente, actividades, espectáculos públicos, urbanismo, comercio, etc), seguridade cidadá, así como a asistencia e información aos cidadáns, entre outras.

Periodicamente realízanse xuntas locais de seguridade presididas por Alcaldía, ou no seu caso co-presidida por Alcaldía e a persoa titular da Subdelegación de Goberno de Lugo, onde se coordinan as actuación con outras Forzas e Corpos de Seguridade, como Garda Civil, Policía Nacional e Policía Adscrita. Entre outras materias, a Policía local de Burela leva a cabo o seguimento e atención a vítimas de violencia de xénero en colaboración coa Garda Civil.

 

Policia Burela

 

Quen o integra:

2 Oficias (un deles exerce a xefatura do Corpo)

8 Policías

Onde estamos:

As oficinas están na planta baixa da Casa do Concello, pero tamén nos atoparás na rúa e podes seguirnos nas redes sociais Instagram e Facebook.

Como podes contactar con nós:

Teléfonos: 629823171 (patrulla) 608555300 (xefatura)

Mail: policialocal@burela.org

112

Instagram

Facebook

Horario:

Como norma xeral de 08:00 a 22:00 horas de luns a domingo, se ven tamén se realizan servizos nocturnos en ocasións que así o precisan, así como pode verse reducida a xornada en períodos concretos.