Festas e Festexos
Miles de persoas achéganse cada ano ás festas que se celebran no Concello de Burela, facéndose partícipes da alegría que caracteriza a forma de vivir do pobo burelés. Unhas festas que tamén teñen un forte arraigo nas tradicións, e nas que se implican o tecido asociativo do pobo. Dende esta Concellería temos a función principal de asesorar ás diferentes asociacións, coordinando o referido á celebración da festa.
Entre os festexos que se levan a cabo no Concello de Burela destacan as nosas Festas Patronais na honra á Virxe do Carme e a San Xoán, que se celebran o primeiro fin de semana de xuño. A Feira do Bonito, de Interese Turístico Nacional, ou o Festival da Osa do Mar, son eventos que cada vez teñen mais presencia e protagonismo. Outras celebracións xa instauradas no pobo son por exemplo a Romaría do Monte Castelo, a Festa Castrexa, a Festa da Castaña, o Día da Música, o Entroido e o Nadal. Dende a Delegación de Festas tratamos de dinamizar e impulsar estes eventos para o disfrute de residentes e visitantes.
Trámites (a presentar con al menos un mes de antelación á celebración do evento):
Declaración Responsable en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas. Código SIA: 1994383

Seguridade nas Atraccións de Feira

A Xunta de Galicia regula no seu Decreto 226/2022 os requisitos que teñen que cumplir estas actividades, entre as que se atopan inchables, norias, carruseles etc.
Recordamos aos interesados que, entre a documentación que teñen que presentar da atracción deben engadir, entre outros
- Proxecto técnico (puntos de control, tolerancias, velocidades, límites idade, altura e peso persoas usuarias...)
- Manual de funcionamento (montaxe, funcionamento, mantemento e cualificación do persoal)
- Libro de operación (data adquisición e historial de reparacións, modificacións e inspeccións realizadas)
E unha vez finalizada a instalación, antes da posta en marcha, un técnico competente debe emitir un certificado da inspección favorable de aspectos como:
- Solidez e seguridade
- Instalacións (eléctrica, hidráulica, pneumática, incendios...)
- Probas de funcionamento
- Competencia do persoal responsable da atracción, requisitos acceso imaxe e linguaxe non sexista
Diversión e seguridade nas atraccións de feira