Escola Municipal de Música

A Escola Municipal de Música de Burela nace no ano 1997 por iniciativa municipal co fin de dotar a Burela, dunha actividade cultural ao redor da música da que carecía.

A filosofía da Escola Municipal de Música, consiste en poder socializar aos alumnos a través das diferentes agrupacións existentes, ao mesmo tempo que se forman na súa propia disciplina instrumental e tamén naquelas materias complementarias importantes para a formación musical que figuran no currículo académico do noso centro.

Nesta escola de música na actualidade imparten clase 12 mestres de distintas disciplinas instrumentais e temos preto de 120 alumnos.

A idade para comezar no noso centro é dende os catro anos en diante, tendo tamén unha importante aula de formación para adultos e unha agrupación coral.

Entre as disciplinas instrumentais podemos contar con vento madeira, vento metal, corda fretada, piano, guitarra, percusión e canto.

Habitualmente todos os meses de xullo organizamos un taller dunha semana de duración para todos aqueles veciños e veciñas que queiran participar de xeito lúdico e gratuíto.

Todos os anos dispoñemos dun período aberto de matrícula de xuño a outubro.

Contamos con diferentes agrupacións coma a orquestra, o coro infantil, o coro de adultos, a banda e diferentes ensembles de corda e vento así coma o grupo de rock e o de Jazz e música moderna.

 

Onde estamos?

As clases impártense no antigo parvulario onde compartimos instalacións coa Casa da Xuventude.

Rúa do Cancelo, 1 - 27880 Burela (Lugo)

Teléfono: 982 58 07 20

Correo electrónico: escolademusica@burela.org

 

Máis información: