Pestanas principais

  Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
Todo o día
«
Programación de outono da Casa da Cultura de Burela

Programación de outono da Casa da Cultura de Burela

venres, 9 Outubro, 2026 - 21:00 a mércores, 30 Decembro, 2026 - 21:00

PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2026

Burela enche o outono de cultura cunha ampla programación na súa Casa da Cultura

O Concello de Burela continúa coa axenda cultural de outono da Casa da Cultura, unha proposta que reúne diferentes disciplinas artísticas e ofrece alternativas para públicos de todas as idades.

A programación de outubro arrancou o pasado venres co espectáculo O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger, de Tarabela Creativa, e Os descontacontos, de Galitoon, ademais do obradoiro de monicreques de calcetín.

De aquí en diante, este ciclo de outono dará cabida ao teatro da man de compañías como Ibuprufeno Teatro, Trípode Teatro, Elefante Elegante, Neboa Events ou o grupo de teatro Ardora; ademáis do monólogo Moi Animal de Touriñán ou a proxección do documental Prisciliano e a Gallaecia.

A música será a protagonista nas actuacións da Coral Polifónica de Burela ou no tributo musical a Mecano, La Oreja de Van Gogh e Amaral; mentres que os espectáculos familiares completan un cartel que inclúe marionetas, teatro musical e teatro-circo. Entre estas propostas están Cuentos musicales de Olaf, Grela quere ser druída e Ciencia Malabar.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, pon en valor a diversidade da oferta, explicando que “esta axenda cultural permite que persoas de diferentes idades poidan gozar de propostas moi variadas, desde o teatro e a música ata o humor e os espectáculos familiares”. Ademais, destaca o papel da Casa da Cultura como “espazo de encontro para a actividade artística e cultural do municipio, con propostas que buscan achegar ao público diferentes formatos e experiencias ao longo do outono e do Nadal”.

venres, 9 Outubro, 2026 - 21:00 a mércores, 30 Decembro, 2026 - 21:00
»
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Alta Costura

Alta Costura

venres, 13 Novembro, 2026 - 21:00

Un espectáculo cómico,  irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais.

ALTA COSTURA retrata o percorrido da produción da roupa dende a orixe da materia prima empregada na fabricación dos tecidos ata a confección das pezas, a súa distribución e a perversidade dos mecanismos de reciclaxe.

O espectáculo dá especial relevancia aos mecanismos de venda, ao espazo sensorial da tenda e á relación contemporánea que o gran público mantén co acto de mercar e  tirar roupa. ALTA COSTURA detense detalladamente na “fast-fashion”: o momento da compra, a filosofía de mercado empregada polas principais marcas e pola rapidez con que os produtos se desvalorizan, caen en desuso e se transforman en residuos abundantes e altamente contaminantes.

ALTA COSTURA é unha creación de teatro visual. A estrutura escénica, as actrices, os actores, as bailarinas, os bailaríns e a música constitúen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, dos movementos e das palabras.

Casa da Cultura de Burela
> 
Venres 13 de novembro de 2026 ás 21:00 horas
> Entrada: 5,00 euros
> Público: Adulto
> Entradas á venda na taquilla a partir das 20:00 horas

venres, 13 Novembro, 2026 - 21:00