Pestanas principais

  Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
Todo o día
«
Taller de ioga

Taller de ioga

luns, 2 Setembro, 2024 - 12:00 a venres, 30 Maio, 2025 - 13:00

Taller de ioga gratuíto para pacientes e familiares da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo

O Concello de Burela colabora coa AECC Lugo na organización deste obradoiro, que terá lugar todos os luns de 12:00 a 13:00 horas na sala multiusos da Casa da Cultura de Burela.

As inscricións poderán ser realizadas no número de teléfono 658 872 196 e no correo electrónico lugo@contraelcancer.es
 

luns, 2 Setembro, 2024 - 12:00 a venres, 30 Maio, 2025 - 13:00
»
 
«
Actividades deportivas 2024-2025

Actividades deportivas 2024-2025

venres, 6 Setembro, 2024 - 16:00 a venres, 30 Maio, 2025 - 21:00

Fútbol - SD BURELA - afdportoburela@gmail.com
Baloncesto - CD BURELA - clubbaloncestoburela@gmail.com
Fútbol-Sala - CD BURELA FS - escuelasdeportivas@burelafs.org
Ximnasia Rítmica - XIMNASIA PORTA XI - 690 038 300
Tenis - CLUB PÁDEL TENIS A MAROSA - clubdetenispadelamarosa@outlook.com
Taekwondo - CLUB JANSU VILLALBA - juancadp@gmail.com
Balonmán - CLUB BALONMAN VIVEIRO - viveirobalonman@gmail.com
Patinaxe Artístico - ASOCIACIÓN ESCOLAS DO DEPORTE - 686 105 917
Tenis - ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - actividadesdeportivas@burela.org
Rutas en Bicicleta - ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - actividadesdeportivas@burela.org
Patinaxe - ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - actividadesdeportivas@burela.org
Xadrez - CLUB DE AJEDREZ REYES Y PEONES - juliodam10@hotmail.com

venres, 6 Setembro, 2024 - 16:00 a venres, 30 Maio, 2025 - 21:00
»
 
«
Envellecemento activo 2024-2025

Envellecemento activo 2024-2025

venres, 6 Setembro, 2024 - 10:00 a venres, 23 Maio, 2025 - 12:00

XIMNASIA ACTIVA PARA XOVES DE +60

Dirixida a persoas maiores activas con ximnasia, xogos e actividades

Grupo 1:  Luns e mércores de 09:30 a 10:30 horas
Grupo 2:  Luns e mércores de 10:30 a 11:30 horas
Grupo 3:  Luns e mércores de 11:30 a 12:30 horas
Grupo 4:  Martes e xoves de 10:00 a 11:00 horas
Grupo 5:  Martes e xoves de 11:00 a 12:00 horas

venres, 6 Setembro, 2024 - 10:00 a venres, 23 Maio, 2025 - 12:00
»
 
«
Exposición: Luces de Alén Mar

Exposición: Luces de Alén Mar

martes, 20 Agosto, 2024 - 11:00 a martes, 10 Setembro, 2024 - 20:00

O Concello de Burela acolle a exposición “Luces de Alén Mar” a partir do martes 20 de agosto na Casa da Cultura

  • A presentación da mostra, organizada polo Consello da Cultura Galega, será ás 20:00 horas do 20 de agosto de 2024

Burela, 14 de agosto de 2024. O Concello de Burela acollerá, na Casa da Cultura, a exposición “Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia”. Esta mostra do Consello da Cultura Galega será inaugurada o martes 20 de agosto ás 20:00.

O acto de presentación contará coa presenza de Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, e da burelá Emilia García López, responsable de Acción Exterior da mesma institución.

Esta exposicíón encádrase dentro da conmemoración do centenario das coñecidas como "Escolas Vellas" de Burela, e estará na Sala de Exposicións da Casa da Cultura ata o 10 de Setembro.

"Cremos que é unha boa oportunidade contar con esta exposición dunha entidade do prestixio como é o Consello da Cultura Galega, e especialmente facelo da man da súa presidenta Rosario Álvarez e dunha veciña de Burela coma Emilia García”, sinala o concelleiro Mario Pillado.

O edil de Educación apunta que, “se ben é certo que Burela xa puido contar coa exposición en 2014, o centenario das Escolas Vellas ben merece que recunquemos, a memoria e a cultura nunca están de máis”.

"Así mesmo, cremos fundamental tomar conciencia do país vinculado á emigración que somos, posto que, contando co gran número de nacionalidades coas que contamos na nosa vila, sempre imos ter unha sensibilidade especial coa migración, sexa no sentido que sexa, porque a súa aportación é fundamental tanto para as sociedades de orixe coma de destino", engade Pillado.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, explica que "a exposición destaca o papel que xogaron os emigrantes na preservación e promoción da cultura galega, contribuíndo ao desenvolvemento social, cultural e económico de Galicia".

"Burela é unha vila migrante, e o legado daquelas xeracións da inmigración galega a América segue sendo moi influínte hoxe en día", indica a concelleira.

martes, 20 Agosto, 2024 - 11:00 a martes, 10 Setembro, 2024 - 20:00
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Lago Comedy Club

Lago Comedy Club

xoves, 12 Setembro, 2024 - 21:00

Casa da Cultura de Burela
Venres 18 de outubro de 2024 ás 21:00 horas
Entradas á venda en Ataquilla.com

Miguel Lago este 2024 co seu último e renovado espectáculo LAGO COMEDY CLUB. Máis de 50.000 espectadores xa gozaron desta revolución do clásico show unipersoal no que Miguel volve máis libre que nunca. Un Comedy Club ao estilo dos grandes clubs de Broadway e no que cada función é única.

E é que o que pasa no clube quedase no clube, por iso en «LAGO», o público pode esperar o inesperado. Novos textos, actualidade, novas rutinas, reflexións sobre a actualidade e anécdotas persoais todo co inconfundible selo e a mestría de Miguel Lago.

A fórmula do éxito de «LAGO Comedy Club» é sinxela: un perfecto mix do humor acedo, intelixente e provocador de Miguel Lago, xunto coa enerxía e a química dun público que consegue que cada función sexa irrepetible.

Un escenario aberto que aposta por reivindicar o "Stand Up" máis puro e sen complexos. Un refuxio onde cada espectador convértese en cómplice e esquece as súas preocupacións para rirse sen ataduras co humor, as reflexións e a autenticidade que só Miguel atrévese a ofrecer. Moitos o probaron e xa repetiron, así que Corre a por as túas entradas!

Unha reivindicación dunha profesión necesaria, unha homenaxe a talentos únicos como Richard Prior, Jerry Seindfeld, Eddy Murphy ou Ricky Gervais….

Unha viaxe onde Miguel entrega o aprendido nos seus máis de 20 anos de traxectoria cunha colección das rutinas máis acedas, desternillantes e atrevidas que se escoitaron nunca na butaca dun teatro.

A comedia de club chega ao teatro con todas as súas consecuencias, Miguel Lago arríscase cun espectáculo que se reescribe cada semana mirando aos ollos do espectador. E moitas sorpresas con teloneiros que ninguén se espera para que cada semana a experiencia sexa excepcional e distinta.

LAGO abre o seu “garito” cada semana cunha única intención: empezar a devolver ao humor todo o que lle deu enchendo a sala de moita risa libre e sen complexos.

Isto non é só un unipersoal, isto non é só un teatro, isto non é un club máis…

xoves, 12 Setembro, 2024 - 21:00