|
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
|
Falemos de diabetes e hipertensión
luns, 13 Maio, 2024 - 18:00 Prevención, estilo de vida e manexo da enfermidade
Salón de Conferencias do Concello de Burela - Antiga Biblioteca
Luns 13 de maio de 2024 ás 18:00 horas
Voceira: Paloma Rodríguez Oviedo - Enfermeira
luns, 13 Maio, 2024 - 18:00
|
Xornada: Deterioro cognitivo. Pérdida da memoria
martes, 14 Maio, 2024 - 19:00 Programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia
Doutor José Ramón Martínez Calvo. Especialista en Xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)
Salón de Conferencias do Concello de Burela - Antiga Biblioteca
Martes 14 de maio de 2024 ás 19:00 horas
martes, 14 Maio, 2024 - 19:00
|
Xornada: Uso do teléfono móbil
mércores, 15 Maio, 2024 - 11:00 Programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia
Uso do smartphone - uso do teléfono móbil
Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela
Avenida Arcadio Pardiñas, 137 - Entresollado
Os mércores 8 e 15 de maio de 2024 ás 11:00 horas
Prazas limitadas!!!
Aberto prazo para anotarse do martes 30 de abril ao martes 7 de maio de 2024 na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas
mércores, 15 Maio, 2024 - 11:00
|
Maratón de escritura
xoves, 16 Maio, 2024 - 10:00 a 20:00 O Concello de Burela organiza un maratón de escritura mañá, xoves 16 de maio de 2024.
Esta actividade encádrase na programación para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado a Luisa Villalta.
Será no salón de plenos do Concello, e a participación nela estará aberta a toda a veciñanza. Seguirá o mesmo esquema que o Maratón de Lectura celebrado con motivo do Día de Rosalía o pasado febreiro.
Haberá dúas quendas, unha de 10:00 a 14:00 horas para o alumnado de centros educativos e outra de 16:00 a 20:00 horas para asociacións e público xeral.
xoves, 16 Maio, 2024 - 10:00 a 20:00
|
|
Rastrillo de segunda man
sábado, 18 Maio, 2024 - 10:00 a 18:00 Praza da Mariña
Sábado 18 de maio de 2024 de 10:00 a 18:00 horas
Aquelas persoas que desexen participar, poden reservar un espazo no rastrillo ata mañá, día 16 de maio de 2024, no e-mail cultura@burela.org ou presencialmente no mostrador de Información do Concello de Burela
sábado, 18 Maio, 2024 - 10:00 a 18:00
XIV Encontro de Palilleiras
sábado, 18 Maio, 2024 - 10:30 a 19:00 O Concello de Burela acollerá este sábado, día 18 de maio, o seu XIV Encontro de Palilleiras. Este evento, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras “As Encaixeras”, agarda contar con máis de 700 participantes, dos que 665 serán persoas palillando.
O encontro desenvolverase integramente no Porto de Burela en horario de mañá e de tarde, de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. Durante a xornada tamén será posible visitar o Barco Museo “Reina del Carmen”.
“Quero agradecer á asociación As Encaixeiras todo o seu traballo e a súa implicación para sacar adiante este encontro, que é todo un referente na programación sociocultural, por suposto, de Burela, pero tamén da comarca da Mariña e da provincia”, sinala a alcaldesa Carmela López.
sábado, 18 Maio, 2024 - 10:30 a 19:00
Ándale bon appétit
sábado, 18 Maio, 2024 - 18:00 TEATRO DOS GHAZAFELHOS
Casa da Cultura de Burela
Sábado 18 de maio de 2024 ás 18:00 horas
Público: Familiar
Entrada: 3,00 Euros
sábado, 18 Maio, 2024 - 18:00
|
|