Pestanas principais

venres, Xullo 24 2026

Todo o día
Activiades deportivas verán 2026

Activiades deportivas verán 2026

luns, 6 Xullo, 2026 - 10:00 a venres, 28 Agosto, 2026 - 14:00

DO LUNS 6 DE XULLO AO VENRES 28 DE AGOSTO

>> Inscricións do luns 29 de xuño ao xoves 2 de xullo na Casa da Xuventude
Prezo: 8,00€/mes/actividade

# XOGOS NA PRAIA > Luns 
# RUTAS DE SENDEIRISMO > Martes
# INICIACIÓN AO SURF > Martes
# RUTAS EN BICICLETA > Mércores
# HAPPY DANCE > Xoves
# INICIACIÓN AO BALONCESTO > Venres

+Info: Descargar ficha de inscrición

luns, 6 Xullo, 2026 - 10:00 a venres, 28 Agosto, 2026 - 14:00
 
Actividades Casa da Xuventude verán 2026
luns, 13 Xullo, 2026 - 09:00 a xoves, 27 Agosto, 2026 - 20:00
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Romaría Monte Castelo 2026

Romaría Monte Castelo 2026

venres, 24 Xullo, 2026 - 20:00 a domingo, 26 Xullo, 2026 - 00:00

Burela celebra do venres 24 ao domingo 26 de xullo a Romaría do Monte Castelo cun amplo programa de música e actividades

  • A tradicional celebración reunirá sesións vermú, verbenas, xogos infantís, concurso de disfraces, actos relixiosos e unha sardiñada popular

O Monte Castelo de Burela acollerá os días 24, 25 e 26 de xullo unha nova edición da súa tradicional romaría, organizada pola Asociación R.C.M. Amigos do Monte Castelo, coa colaboración do Concello de Burela e de diferentes entidades e establecementos locais.

A programación comezará o venres 24 de xullo, ás 20.00 horas, cunha misa na igrexa de Vila do Medio. A partir das 21.00 horas celebrarase unha sardiñada popular, cun menú composto por sardiñas, chicharro, cachelos, pan e viño, a un prezo de oito euros. Os tíckets poden adquirirse anticipadamente na Perruquería Reme, Cafetería Vista Alegre, Valle de Oro, A Mares e Urbana.

A xornada do venres completarase, desde as 22.30 horas, coa actuación do grupo Pekados e a música do DJ Balbi.

O programa continuará o sábado 25, ás 14.00 horas, cunha sesión vermú amenizada por SP The Sound Project. Pola tarde, entre as 17.00 e as 19.00 horas, celebrarase un concurso de disfraces con premios nas categorías grupal, de parellas e individual.

As familias tamén poderán participar, desde as 18.00 horas, nos xogos infantís organizados por Gaia. A programación musical continuará cun tardeo a cargo do DJ “El Peli” e, ás 20.30 horas, cun bingo musical presentado por Marisa Prisa. A partir das 22.30 horas, a verbena contará coas actuacións dos grupos Pantera Rosa e Gin Toni’s.

A romaría rematará o domingo 26 de xullo. Ás 13.00 horas celebrarase unha misa con procesión na honra da Nosa Señora das Marabillas e, ás 14.00 horas, o Dúo Épok será o encargado de amenizar a sesión vermú.

O Concello de Burela convida á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse ao Monte Castelo e gozar dunha celebración que combina tradición, convivencia, gastronomía, música e actividades para todas as idades, e agradece o traballo desenvolvido pola organización e a colaboración das empresas e entidades que fan posible esta nova edición.

venres, 24 Xullo, 2026 - 20:00 a domingo, 26 Xullo, 2026 - 00:00