Pestanas principais

sábado, Maio 17 2025

Todo o día
Taller de ioga

Taller de ioga

luns, 2 Setembro, 2024 - 12:00 a venres, 30 Maio, 2025 - 13:00

Taller de ioga gratuíto para pacientes e familiares da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo

O Concello de Burela colabora coa AECC Lugo na organización deste obradoiro, que terá lugar todos os luns de 12:00 a 13:00 horas na sala multiusos da Casa da Cultura de Burela.

As inscricións poderán ser realizadas no número de teléfono 658 872 196 e no correo electrónico lugo@contraelcancer.es
 

luns, 2 Setembro, 2024 - 12:00 a venres, 30 Maio, 2025 - 13:00
 
Actividades deportivas 2024-2025

Actividades deportivas 2024-2025

venres, 6 Setembro, 2024 - 16:00 a venres, 30 Maio, 2025 - 21:00

Fútbol - SD BURELA - afdportoburela@gmail.com
Baloncesto - CD BURELA - clubbaloncestoburela@gmail.com
Fútbol-Sala - CD BURELA FS - escuelasdeportivas@burelafs.org
Ximnasia Rítmica - XIMNASIA PORTA XI - 690 038 300
Tenis - CLUB PÁDEL TENIS A MAROSA - clubdetenispadelamarosa@outlook.com
Taekwondo - CLUB JANSU VILLALBA - juancadp@gmail.com
Balonmán - CLUB BALONMAN VIVEIRO - viveirobalonman@gmail.com
Patinaxe Artístico - ASOCIACIÓN ESCOLAS DO DEPORTE - 686 105 917
Tenis - ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - actividadesdeportivas@burela.org
Rutas en Bicicleta - ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - actividadesdeportivas@burela.org
Patinaxe - ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - actividadesdeportivas@burela.org
Xadrez - CLUB DE AJEDREZ REYES Y PEONES - juliodam10@hotmail.com

venres, 6 Setembro, 2024 - 16:00 a venres, 30 Maio, 2025 - 21:00
 
Envellecemento activo 2024-2025

Envellecemento activo 2024-2025

venres, 6 Setembro, 2024 - 10:00 a venres, 23 Maio, 2025 - 12:00

XIMNASIA ACTIVA PARA XOVES DE +60

Dirixida a persoas maiores activas con ximnasia, xogos e actividades

Grupo 1:  Luns e mércores de 09:30 a 10:30 horas
Grupo 2:  Luns e mércores de 10:30 a 11:30 horas
Grupo 3:  Luns e mércores de 11:30 a 12:30 horas
Grupo 4:  Martes e xoves de 10:00 a 11:00 horas
Grupo 5:  Martes e xoves de 11:00 a 12:00 horas

venres, 6 Setembro, 2024 - 10:00 a venres, 23 Maio, 2025 - 12:00
 
Escolas Deportivas Burela 2024-2025

Escolas Deportivas Burela 2024-2025

luns, 7 Outubro, 2024 - 15:30 a xoves, 22 Maio, 2025 - 20:00

ACTIVIDADES PROGRAMADAS:

TENIS: Luns de 15:30 a 16:30 horas no Pavillón dos Castros
Cada nena/o levará a súa raqueta para realizar a actividade
Grupo mínimo de 8 nenas/os

PIMPÓN: Luns de 16:30 a 17:30 horas no Pavillón dos Castros ou na Casa da Xuventude
Cada nena/o levará a súa raqueta para realizar a actividade

RUTAS EN BICICLETA: Martes e mércores de 15:30 a 17:00 horas na Praza do Concello
Cada nena/o levará o material necesario para realizar a actividade: Bicicleta, casco e auga para beber
Dous grupos por idade e nivel

PATINAXE LÚDICO: Xoves de 15:30 a 16:30 horas e de 16:30 a 17:30 horas
Cada nena/o levará os seus propios patíns. Recomendable principiantes: Coderas e rodilleras
Dous grupos de 15 nenas/os

Poderán participar nas actividades todas as nenas e nenos que naceran entre os anos 2012 e 2018

Prazo de inscrición: Do venres 27 de setembro ao xoves 3 de outubro de 2024

luns, 7 Outubro, 2024 - 15:30 a xoves, 22 Maio, 2025 - 20:00
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Os contos do Lubicán

Os contos do Lubicán

sábado, 17 Maio, 2025 - 18:00

Casa da Cultura de Burela
Sábado 17 de maio de 2025 ás 18:00 horas
Entrada: 3,00 Euros
Público: Familiar
Entradas á venda a partir das 17:30 horas

Os contos do Lobicán é un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.

O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022 e actualmente é finalista como mellor espectáculo de monicreques nos Premios María Casares. O espectáculo está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a trasmitir os valores anteriormente mencionados. A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, a función convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.

Lobicán é un animaliño curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. A pesar da súa reticencia cara á escola e o estudo, Lobicán mostra un profundo interese por aprender sobre a natureza e o mundo que o rodea. Nai Lobicana pídelle levar unha torta ao avó, e mentres Lobicán está no bosque, atópase con Xiana, unha nena que busca o camiño cara á casa da súa tía Silvana. Sen importar as súas diferenzas, Lobicán e Xiana establecerán unha forte amizade que os axudará a superar perigos e desafíos.

"Os Contos do Lobicán" é unha historia conmovedora que resalta a importancia da amizade, a aceptación da diferenza e o respecto pola natureza, deixando unha poderosa lección sobre a importancia de valorar as relacións persoais e protexer o noso medio ambiente.

sábado, 17 Maio, 2025 - 18:00