|
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
|
Entender o océano I
sábado, 12 Outubro, 2024 - 11:00 Ondas Limpas | Tony Butt
O Concello de Burela e o Burela Club de Surf comprácense de convidarte a participar nestas dúas xornadas técnicas capitaneadas por Tony Butt. O seu nome é unha referencia no mundo do surf das grandes ondas, transmitindo a súa paixón polo surf e tamén polo coñecemento do mar. Doutorado en Oceanografía física, compartirá con nós os seus saberes e prácticas sostibles para unha mellor comprensión do medio mariño.
Salón de Conferencias de Burela
Entender o océano I
Sábado, 12 de outubro de 2024 ás 11:00 horas
Agardámoste! As xornadas son de balde e para todos os públicos con interese en coñecer o funcionamento das mareas, dos ventos e do medio mariño.
sábado, 12 Outubro, 2024 - 11:00
Entender o océano II
sábado, 12 Outubro, 2024 - 16:00 Ondas Limpas | Tony Butt
O Concello de Burela e o Burela Club de Surf comprácense de convidarte a participar nestas dúas xornadas técnicas capitaneadas por Tony Butt. O seu nome é unha referencia no mundo do surf das grandes ondas, transmitindo a súa paixón polo surf e tamén polo coñecemento do mar. Doutorado en Oceanografía física, compartirá con nós os seus saberes e prácticas sostibles para unha mellor comprensión do medio mariño.
Salón de Conferencias de Burela
Entender o océano II
Sábado, 12 de outubro de 2024 ás 16:00 horas
Agardámoste! As xornadas son de balde e para todos os públicos con interese en coñecer o funcionamento das mareas, dos ventos e do medio mariño.
sábado, 12 Outubro, 2024 - 16:00
Burela Alumea - Obradoiro de radio e fotografía
sábado, 12 Outubro, 2024 - 17:00 Asociación A Moncloa e Peirao
Sábado 12 de outubro de 2024 de 17:00 a 19:00 horas
Burela Alumea continúa poñendo o foco no patrimonio material e inmaterial pesqueiro burelense. O molde da Pena Burela xa é un lenzo en branco, e a semana pasada xuntámonos na Moncloa para compartir lendas, oficios, festas, embarcacións... que compoñen a nosa historia.
O sábado 12 dedicarémonos a aprender a empregar a fotografía e a radio como métodos artísticos, facendo fotos e audios que, posteriormente, formarán parte do molde do faro.
Se soa ben... Achégate e participa!
sábado, 12 Outubro, 2024 - 17:00
Historia dunha gaivota
sábado, 12 Outubro, 2024 - 18:00 UNHA DIVERTIDA REFLEXIÓN SOBRE A COOPERACIÓN E A AMIZADE
Casa da Cultura de Burela
Sábado 12 de outubro de 2024 ás 18:00 horas
Entrada: Libre
Público: Infantil/Familiar
Unha gaivota bañada en chapapote consigue chegar ao balcón de Zorbas, un gatiño nacido na rúa e adoptado por unha familia de humanos. A ave, que sabe que chga o seu final, deixa un ovo ao coidado de Zorbas e faille prometer tres cousas: non pode comer o ovo, coidará dél ata que se abra e ensinará a voar ao recén nacido. Zorbas cumple dúas das promesas coa axuda de varios amigos do barrio, aprendendo a ver o mundo cos ollos dunha gaivota, e pese aos perigos e os desplantes dalgún gato que non acepta ao novo membro do grupo.
Falta a última, a pequena gaivota ten que voar... poderá Zorbas ensinarlle esto á súa nova amiga?
Presentamos esta fábula de Luis Sepúlveda a modo de contacontos, utilizando bonecos para representar algunhas partes da historia. Damos especial importancia nesta adaptación ao tema da solidaridade, a importancia de apoiar e defender ao máis débil, o divertido e interesante que é descubrir outras formas de vivir e pensar e, sobor de todo, ao pracer que se sinte axudando aos demáis a superar os seus retos.
Adicado a nenas e nenos de 3 a 11 anos
sábado, 12 Outubro, 2024 - 18:00
|