|
Todo o día
|
Burela de Ruta - Xeorutas - Verán 2024
sábado, 6 Xullo, 2024 - 10:00 a sábado, 7 Setembro, 2024 - 18:00 O Concello de Burela organiza un ano máis o programa “Burela de Ruta”, con numerosas actividades que inclúen visitas guiadas e xeorutas ó longo dos meses de verán.
Haberá tres xeorutas distintas, A Marosa, O Perdouro e O Cantiño, e entre os meses de xullo, agosto e setembro organizaranse un total de vinte rutas guiadas.
A ruta da Marosa e a do Cantiño, de 7,8 e 6,4 quilómetros, son de dificultade baixa, mentres que a do Perdouro, que percorre o conxunto de dobramentos mellor conservado de Galicia, é de dificultade media, cun percorrido de 3,2 quilómetros.
sábado, 6 Xullo, 2024 - 10:00 a sábado, 7 Setembro, 2024 - 18:00
Burela de Ruta - Visitas Guiadas - Verán 2024
luns, 1 Xullo, 2024 - 10:00 a sábado, 31 Agosto, 2024 - 18:00 O Concello de Burela organiza un ano máis o programa “Burela de Ruta”, con numerosas actividades que inclúen visitas guiadas e xeorutas ó longo dos meses de verán.
Na propia vila tamén haberá a posibilidade de disfrutar de visitas guiadas ó Barco Museo “Reina del Carmen” de martes a domingo ou á “Ruta do Peixe”, que permitirá descubir na Lonxa ABSA a primeira subasta oral automatizada do mundo.
A Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns “A Moncloa” tamén ofrecerá visitas guiadas, así como Conservas Faro de Burela. A visita “Máis alá do mar” invita a descubrir a Burela rural e a Igrexa Vila do Medio.
luns, 1 Xullo, 2024 - 10:00 a sábado, 31 Agosto, 2024 - 18:00
Somos Verán 2024
luns, 1 Xullo, 2024 - 09:00 a venres, 23 Agosto, 2024 - 13:30 Actividades para nenas e nenos que cursaran Infantil ou Primaria no curso escolar 2023-2024
No CEIP Virxe do Carme de Burela
De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
CAMPAMENTOS:
Do 1 ao 12 de xullo
Do 15 ao 26 de xullo
Do 29 de xullo ao 9 de agosto
Do 12 ao 23 de agosto
+ Info en www.burela.org ou 982 58 08 67 / 647 13 66 73
Preinscricións do 19 ao 21 de xuño
Descargar bases e ficha de preinscrición
luns, 1 Xullo, 2024 - 09:00 a venres, 23 Agosto, 2024 - 13:30
Activiades de Verán Burela 2024
martes, 9 Xullo, 2024 - 09:00 a xoves, 29 Agosto, 2024 - 14:00 Do 9 de xullo ao 29 de agosto de 2024
XOGOS NA PRAIA: Luns
RUTAS DE SENDEIRISMO: Martes
HAPPY DANCE: Mércores
RUTAS EN BICICLETA: Xoves
INSCRICIÓNS: do 3 ao 5 de xullo de 2024 na Casa da Xuventude
PREZO: 8,00 €/mes/actividade
martes, 9 Xullo, 2024 - 09:00 a xoves, 29 Agosto, 2024 - 14:00
Fútbol 3X3
martes, 20 Agosto, 2024 - 19:30 a mércores, 21 Agosto, 2024 - 00:00 ACTIVIDADES DE VERÁN - BURELA 2024
Martes 20 e mércores 21 de agosto de 2024
Praza da Mariña de Burela
A partir das 19:30 horas
Categorías: SUB-10, SUB-12, SUB-14 e SUB-16
Inscricións ata o 19 de agosto na Casa da Xuventude de 9:00 a 14:00 horas
982 581 141
martes, 20 Agosto, 2024 - 19:30 a mércores, 21 Agosto, 2024 - 00:00
Exposición: Luces de Alén Mar
martes, 20 Agosto, 2024 - 11:00 a martes, 10 Setembro, 2024 - 20:00 O Concello de Burela acolle a exposición “Luces de Alén Mar” a partir do martes 20 de agosto na Casa da Cultura
- A presentación da mostra, organizada polo Consello da Cultura Galega, será ás 20:00 horas do 20 de agosto de 2024
Burela, 14 de agosto de 2024. O Concello de Burela acollerá, na Casa da Cultura, a exposición “Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia”. Esta mostra do Consello da Cultura Galega será inaugurada o martes 20 de agosto ás 20:00.
O acto de presentación contará coa presenza de Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, e da burelá Emilia García López, responsable de Acción Exterior da mesma institución.
Esta exposicíón encádrase dentro da conmemoración do centenario das coñecidas como "Escolas Vellas" de Burela, e estará na Sala de Exposicións da Casa da Cultura ata o 10 de Setembro.
"Cremos que é unha boa oportunidade contar con esta exposición dunha entidade do prestixio como é o Consello da Cultura Galega, e especialmente facelo da man da súa presidenta Rosario Álvarez e dunha veciña de Burela coma Emilia García”, sinala o concelleiro Mario Pillado.
O edil de Educación apunta que, “se ben é certo que Burela xa puido contar coa exposición en 2014, o centenario das Escolas Vellas ben merece que recunquemos, a memoria e a cultura nunca están de máis”.
"Así mesmo, cremos fundamental tomar conciencia do país vinculado á emigración que somos, posto que, contando co gran número de nacionalidades coas que contamos na nosa vila, sempre imos ter unha sensibilidade especial coa migración, sexa no sentido que sexa, porque a súa aportación é fundamental tanto para as sociedades de orixe coma de destino", engade Pillado.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, explica que "a exposición destaca o papel que xogaron os emigrantes na preservación e promoción da cultura galega, contribuíndo ao desenvolvemento social, cultural e económico de Galicia".
"Burela é unha vila migrante, e o legado daquelas xeracións da inmigración galega a América segue sendo moi influínte hoxe en día", indica a concelleira.
martes, 20 Agosto, 2024 - 11:00 a martes, 10 Setembro, 2024 - 20:00
|