Pestanas principais

martes, Xuño 25 2024

Todo o día
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
Paseos saudables con Gaia

Paseos saudables con Gaia

xoves, 2 Maio, 2024 - 10:00 a martes, 25 Xuño, 2024 - 12:00

O Concello e o Centro de Saúde de Burela organizan paseos saudables abertos para a veciñanza a partir do xoves 2 de maio

  • Esta iniciativa terá lugar a partir das 10:00 horas, con saída dende o Centro de Saúde, e repetirase ao longo dos meses de maio e xuño

O Concello de Burela organizará, coa colaboración do Centro de Saúde do municipio, unha serie de paseos saudables abertos para a veciñanza. As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia serán as acompañantes na actividade.

O primeiro dos paseos terá lugar o xoves 2 de maio, ás 10:00, con saída dende o propio Centro de Saúde. A iniciativa repetirase ao longo dos meses de maio e xuño.

Estes “Paseos Saudables con Gaia” encándranse no marco da Estratexia de Promoción da Saúde do Ministerio de Sanidade e do Plan Local do Centro de Saúde de Burela.

A concelleira responsable do Centro Gaia, Lina Gómez Pardo, convida “a todas as veciñas e veciños de Burela a participar nestas andainas, un xeito perfecto de manter un hábito saudable dunha maneira divertida e amena”.

Dende o Centro de Saúde sinalan que “a evidencia científica indica que os grupos de paseo ao aire libre teñen moitos beneficios para a saúde, incluíndo a redución da presión arterial, a grasa corporal, o colesterol total e tamén o risco de depresión”.

O persoal do centro engade que estes paseos son “unha actividade que é atractiva para os participantes, ten altos niveis de adhesión e está practicamente libre de efectos adversos”.

xoves, 2 Maio, 2024 - 10:00 a martes, 25 Xuño, 2024 - 12:00
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Burela con Orgullo LGTBI+

Burela con Orgullo LGTBI+

martes, 25 Xuño, 2024 - 18:30

Martes 25 de xuño  ás 18:30 horas no Salón de Plenos do Concello
OBRADOIRO "DIVERSIDADE LGTBI+"
Asociación ALAS A CORUÑA

martes, 25 Xuño, 2024 - 18:30