Pestanas principais

venres, Abril 26 2024

Todo o día
Xornada: Promoción do deporte

Xornada: Promoción do deporte

martes, 5 Marzo, 2024 - 17:30 a martes, 18 Xuño, 2024 - 18:30

Programa Xun@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia
Lugar: Praza de Abastos do Concello de Burela
Data de inicio: martes 5 de marzo de 2024
Duración: 16 martes
Horario: de 17:30 a 18:30 horas
Inscricións: Na Casa do Concello de Burela de 9:00 a 15:00 horas
​Prazas limitadas!!!

martes, 5 Marzo, 2024 - 17:30 a martes, 18 Xuño, 2024 - 18:30
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
Kuidadu na Diáspora - Coidados na Diáspora

Kuidadu na Diáspora - Coidados na Diáspora

mércores, 27 Marzo, 2024 - 18:00 a venres, 26 Abril, 2024 - 20:00

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas en España

Casa da Culturta de Burela
Do 27 de marzo ao 26 de abril de 2024
De luns a venres
De 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas

Inauguración o mércores 27 de marzo de 2024 ás 18:00 horas

mércores, 27 Marzo, 2024 - 18:00 a venres, 26 Abril, 2024 - 20:00
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Sesión informativa para as persoas con dano rerebral adquirido

Sesión informativa para as persoas con dano rerebral adquirido

venres, 26 Abril, 2024 - 16:30

FEGADACE organiza en Burela unha sesión informativa sobre os cambios normativos que afectan ás persoas con dano cerebral adquirido

●  Imparten Miguel Vieito, avogado e asesor legal da Federación, e Carla Miranda, traballadora social.

●  Debullarán as principais novidades incluídas na Lei 8/2021, que modifica o paradigma para establecer un sistema de apoios ás persoas con discapacidade, dándolles plena capacidade xurídica.
 
A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) está a realizar un ciclo de presentacións da  recen  editada  Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido. Aproximación á Lei 8/2021 e a outras normativas de interese para o colectivo, elaborada polo avogado e responsable do servizo de asesoramento legal da Federación Miguel Vieito.

O  mesmo  Miguel  Vieito,  xunto  coa  traballadora  social  de  FEGADACE,  Carla  Miranda,  é  o encargado de impartir estas sesións informativas, que o 26 de abril chegan a Burela. Grazas á colaboración do Concello, a charla vai ter lugar no Salón de Plenos do edificio consistorial, a partir das 16:30. A inscrición pode realizarse por teléfono ou por Whatsapp no 689 083 144.

O ciclo de presentacións, que organiza FEGADACE en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, ten paradas nas cinco asociacións membro de FEGADACE (ADACECO, ADACE Lugo, Alento, DCA Ourense e Sarela), e nas localidades de Sober e Burela. Diríxese tanto a profesionais dos ámbitos dos servizos sociais e da discapacidade como a persoas e familias con dano cerebral adquirido. Co obxectivo de achegar esta información a cantos máis axentes sexa posible, a inscrición nas charlas é gratuíta e aberta a profesionais e residentes nas comarcas e áreas de influencia dos dous concellos lucenses.

Guía legal e cambios normativos

O cambio de paradigma que implica a Lei 8/2021, de 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, supuxo un inxente volume de cambios que as familias e persoas con dano cerebral adquirido teñen o reto de coñecer e incorporar.

Para  facilitar  o  coñecemento  desta  reforma  normativa,  FEGADACE  elaborou,  no  marco  do Proxecto Rumbo, unha Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido que agora presenta nesta serie de sesións informativas, nas que tamén se resolven dúbidas e se expoñen as modificacións a nivel de figuras de apoio, baremo de discapacidade, patrimonio e herdanzas ou instrucións previas no ámbito médico.

A filosofía xeral do que na Guía se denomina “tsunami xurídico” implica superar o sistema de modificacións de capacidade ou incapacitacións, como se coñecían popularmente, para pasar a un sistema de apoios que realiza un “traxe a medida” de cada persoa con discapacidade en función das súas capacidades e das barreiras coas que se enfronta.

Tanto a edición da Guía como o ciclo de sesións de presentación da mesma están financiadas polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a través da súa inclusión no Proxecto Rumbo. Esta iniciativa busca un novo modelo de autonomía persoal que conta entre as súas liñas de traballo coa potenciación do apoderamento do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias.

Sobre o Proxecto RUMBO

O ‘Proxecto RUMBO: cara a un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva’ é unha iniciativa colaborativa desenvolta entre distintas confederacións do Terceiro Sector da discapacidade (COCEMFE, ASPACE, Impulsa Igualdad, FEDACE e AUTISMO ESPAÑA). O obxectivo é impulsar o deseño de modelos innovadores de apoio á autonomía persoal e a vida independente de persoas con discapacidade, especialmente aquelas con maiores necesidades de apoios, mediante a combinación de servizos e recursos que poidan facilitar unha forma de vida inclusiva na sociedade en condicións de seguridade, accesibilidade e benestar.

Este proxecto, que conta coa participación de 22 entidades destas confederacións repartidas en  cinco  comunidades  autónomas,  está  financiado  polo  Ministerio  de  Dereitos  Sociais  e Axenda 2030, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, ligado á súa vez aos fondos Next Generation da Unión Europea.

venres, 26 Abril, 2024 - 16:30
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Morte accidental dun anarquista

Morte accidental dun anarquista

venres, 26 Abril, 2024 - 21:00

Talía Teatro presenta:
Morte accidental dun anarquista
De Dario Fo
Versión e dirección de Cándido Pazó

Casa da Cultura de Burela
Venres 26 de abril de 2024 ás 21:00 horas
Público: Adulto
Entrada: 4,00 euros
Venda de entradas a partir das 20:00 horas no despacho de entradas da Casa da Cultura

venres, 26 Abril, 2024 - 21:00