Tres vellas na romaría
Casa da Cultura de Burela
Venres 9 de maio de 2025 ás 21:00 horas
Entrada: 5,00 Euros
Público: Adulto
Entradas á venda a partir das 20:30 horas
En 2023 regresaron as TRES VELLAS con un novo repertorio: TRES VELLAS NA ROMARIA. Saimos do mundo do traballo e buscamos nas memorias das devanceiras os dias gloriosos de romarias e festas, os bailes, os milagres, as devocións, os exorcismos as empanadas e os melindres, o viño novo e a caña brava… As TRES VELLAS lian á cabeza os seus mais fermosos panos rameados, para sair a bailar as muiñeiras, xotas e bailes charros nos turreiros das festas. O repertorio componse de todo o que rodea o mundo estival das romarias: milagres, romances, ofrendas devotas, relatos humorísticos, un mundo no que se mistura a superstición e o festeiro escepticismo. Unha viaxe equidistante aos tempos de “Deus é bo, mais o Demo non é malo” Un repertorio no que se xuntan os xionllos esfolados das procesións cos pes encalecidos dos bailes. Parece un mundo esquecido, mais as TRES VELLAS regresan para contalo coa mesma frescura que se fose onte.
