Somos criminais e punto final

sábado, 30 Novembro, 2024 - 23:00

Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II,  está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida. Os capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano, material e inmaterial máis prezado, para que a nova terra á que emigraremos siga sendo criminal.

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poñen o punto e final a un dos proxectos máis exitosos do teatro galego nas últimas décadas cun novo espectáculo que xirará por toda Galicia ata o mes de xaneiro.

Casa da Cultura de Burela
Sábado 30 de novembro de 2024 ás 23:00 horas
Entradas á venda en Ataquilla.com