Ruta Circular de Burela
Visita as nosas praias, paseos marítimos e zonas xeolóxicas, con ascenso ao miradoiro do Monte Castelo para gozar dunha espectacular vista panorámica da costa Cantábrica.
Ten unha distancia total de 16,25 km, e unha duración aproximada de 4 horas. Parte da oficina de Turismo e ten un grao de dificultade medio.