QUE TE QUERO VERDE
Unha reportaxe nostálxica da SD Burela
Dirixida e producida por BREIXO LLANO
Como parte dos actos conmemorativos do seu sesenta aniversario, o Club de Fútbol Sociedade Deportiva Burela estreará un documental o vindeiro xoves 3 de decembro de 2026 ás 20:30 horas. A obra, creada por Breixo Llano, céntrase no equipo "verde" que estivo a piques de acadar o ascenso á Segunda División B durante a tempada 1990/1991.
Baixo o título "Que te quero verde", o documental afonda nas vivencias e recordos dun grupo de persoas "que fixeron soñar a todo un pobo", segundo sinala a xunta directiva do club.
A directiva engade que esta será unha oportunidade magnífica para "revivir aquela campaña de ascenso -tanto para os que a viviron como para os que vestiron, ou visten, a camisola verde- e descubrir o que se soñou en A Marosa. Animan a todo o mundo a ver o documental.
A proxección terá lugar ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Burela, e a entrada é totalmente de balde.
Casa da Cultura de Burela
Xoves 3 de decembro de 2026 ás 20:30 horas
Entrada de balde
