PLAYLIST 2026 - RECUNCHO MULTICULTURAL DE BURELA

A diversidade de Burela tamén está presenta na música que se escoita. Por iso, dende o Recuncho Multicultural do Concello de Burela encargáronse de crear unha playlist que recolle parte das músicas que forman parte da realidade social e cultural do municipio. O listado, que estará dispoñible na páxina web municipal nun apartado específico do Recuncho Multicultural, nace da colaboración das asociacións e colectivos da vila.

A selección combina música galega con artistas e ritmos doutros países presentes na vida cotiá da vila. Entre as propostas atopamos temas de artistas galegos como Ortiga, Fillas de Cassandra, Tanxugueiras, Baiuca, Xabier Díaz ou Leilía, xunto con músicas de Cabo Verde, Senegal, Perú, Marrocos e doutros lugares do mundo, reflectindo a diversidade cultural que caracteriza ao municipio.

Na elaboración da playlist participaron entidades e colectivos como a ACM Arume, Raíces Peruanas, ASPEBU, a ACM Dambara, o grupo Batuko Tabanka, DJ Senín e o propio Concello de Burela, que foron achegando as cancións que consideran representativas da diversidade musical presente na vila.
 

DJ SENIN

ARUME

RAÍCES PERUANAS

ASPEBU

SENEGAL

DAMBARA

TABANCA

BATUKO TABANKA

CONCELLO DE BURELA

MARROCOS

INDONESIA