Pinturas Murais
MUSEO DE ARTE AO AIRE LIBRE
O espigón do porto de Burela acolle o Museo de Arte ao Aire Libre, conformado por obras do Certame Internacional de Pinturas Murais AMARTE, que se celebra anualmente desde o 2017, coincidindo coa Feira do Bonito. Trátase dun museo vivo, xa que cada agosto incorpóranse novas pinturas relacionadas co mundo do mar e a vila. Nel teñen participado artistas murais de recoñecido prestixio no panorama nacional actual.
Dispoñen de iluminación, polo que un tranquilo paseo nocturno é un bo xeito de coñecelos.
MURAL DJUNTA MÔ – XUNTANDO AS MANS
Dende o 2019, e promovido polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, existe un mural de Mongui Art, que baixa o lema Djunta Mô – Xuntando as Mans (en criollo e galego), simboliza a unión do pobo caboverdiano e burelao.
A comunidade caboverdiana é a máis numerosa entre as que conviven en Burela (ata 40 nacionalidades), asentándose aquí dende finais dos anos 70.
Unha homenaxe e recoñecemento á Asociación Cultural Batuko Tabanka, formada por mulleres procedentes de Cabo Verde e liderada por Antonina Semedo , e ao seu pobo. Esta agrupación ten como fin a conservación, difusión e a posta en valor da súa cultura e o seu folclore (forman un grupo musical).
No centro do mural, as compoñentes de Batuko Tabanka. Ao seu lado esquerdo Cabo Verde, a súa flora autóctona e as súas paisaxes. Ao dereito Burela, co seu faro, flora e paisaxe, que xa é tamén a súa.
Burela e Cabo Verde unidas polo mar.
Onde se pode visitar? Na rúa Nosa Señora do Carme, moi preto da súa confluencia coa rúa Eijo Garay. No muro que delimita a estación de tren.
FRESCOS DA IGREXA DA VILA DO MEDIO
A igrexa primixenia de Burela, a da Vila do Medio atesoura unas interesantes pinturas murais do século XV, que estiveron ocultas durante séculos baixo capas de cal. Encadradas dentro do estilo gótico tardío presentan unha clara factura arcaico medieval.
Información ampliada: https://burela.org/gl/patrimonio-arquitectonico