O Corno
Con motivo da celebración do 8 de marzo, a Concellaría de Igualdade do Concello de Burela, vai proxectar "O Corno", filme galego do ano 2023.
Casa da Cultura de Burela
Venres 7 de marzo de 2025 ás 20:30 horas
Público: Maiores de 12 anos
Entrada: Libre ata completar aforo
SINOPSE:
Illa de Arousa, 1971. María é mariscadora pero tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos partos con especial adicación e coidado. Despois dun inesperado suceso, María vése obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que lle fará loitar pola súa supervivencia. Na procura da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.
PREMIOS:
Festival de Cine de San Sebastián: Concha de Oro á Mellor Película
Premios Goya 2023: Premio á mellor Actriz Revelación (Janet Novás)
Premios Mestre Mateo 2023: Premio á Mellor Longametraxe, Guión, Dirección, Vestiario, Son, Maquillaxe e Perruquería, e Dirección de Arte
