• Galego
  • Español

REMATARON NOS CEIPS DE BURELA AS SESIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL COÑÉCETE, QUE ORGANIZOU A CONCELLERÍA DE MULLER E IGUALDADE.

Burela, 22 de novembro de 2021. A pasada semana remataron nos Ceips Plurilingües Vista Alegre e Virxe do Carme as sesións formativas do Programa de Educación Afectivo Sexual Coñécete, impartido pola psicóloga-sexóloga Raquel Graña.

O programa está dirixido ao alumnado de 6º de primaria e os temas principais a tratar son a autoestima, a empatía, a intelixencia emocional, as relacións interpersoais, a hixiene e os cambios corporais.
Esta actividade foi organizada pola Concellaría de Muller e Igualdade de Burela.