• Galego
  • Español

Obradoiros de Outubro do Aula Gaia

Dende a Delegación de Medio Ambiente ofertamos a través de GAIA os seguintes obradoiros de manualidades durante o mes de outubro:

  • 9 de outubro: Obradoiro de pousavasos
  • 16 de outubro: Manualidades con follas
  • 23 de outubro: Manualidades con ramas
  • 30 de outubro: Manualidades de Samaín

Terán lugar na Praza de Abastos en dous turnos: 17:00 h para nen@s de Infantil e as 18:30 h para nen@s de Primaria. As prazas son limitadas polo que haberá que inscribirse chamando ao 647136673 ou na Oficina de Gaia sita na Praza de Abastos.

Descargar información (PDF)